Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A nave...

A Deputación leva este domingo a Cerdedo-Cotobade a proxección de “A nave das Marías” no marco do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -

O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén aos concellos de Ribadumia, Moraña e As Neves

O Centro Cultural de Cerdedo acolle este domingo 27 de outubro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, ás 18:30 horas, exhibirase o documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”, da ONG Ecos do Sur.

O documental “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías” fala da importancia do teatro como ferramenta de intervención social. Céntrase na peza teatral “A nave das Marías”, creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur para facilitar espazos de participación e visibilización para mulleres migrantes impulsando procesos de sensibilización social en cuestión de xénero. Desta maneira, na longametraxe as persoas implicadas no proceso de creación desta peza contan en primeira persoa como as clases de teatro e o proceso creativo influíron nese momento das súas vidas.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo chegará, ademais de a Cerdedo-Cotobade, a Moraña, As Neves e Ribadumia. Dentro deste ciclo poderá desfrutarse das películas “Salta!”, “Fatum”, “O Corno” e “Matria”. En canto a documentais, ademais de “Emoción, vida e teatro. A nave das Marías”, tamén se proxectarán “A viaxe de Lucy”, “Chichi e mais eu” e a gañadora do Mestre Mateo ao mellor documental “Os espazos en branco”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas