HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este domingo a Meis o circuíto +Escénicas cun espectáculo...

A Deputación leva este domingo a Meis o circuíto +Escénicas cun espectáculo sobre vencer os medos

- Anuncio -spot_img

“Superharte”, de Patty Diphusa, representarase ás 19:00 horas no Auditorio municipal

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 25 de maio o circuíto +Escénicas ao concello de Meis da man do espectáculo familiar “Superharte”, a cargo de Patty Diphusa. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Superharte” representarase no Auditorio municipal ás 19:00 horas e é un número de clown que pretende dar a clave para evitar que os medos paralicen especialmente ás nenas e os nenos aos que todo o mundo lles din que non poden. Trátase dun espectáculo cunha mensaxe de apoderamento para vencer eses medos e que todas as persoas sexan quen de facer o que parece imposible. Buscando confianza en si mesma e co apoio do público, a “hartista” conseguirá chegar ao máis alto e conquistar fazañas que poderían parecer inalcanzables.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas