HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este martes a Vilanova de Arousa a proxección do...

A Deputación leva este martes a Vilanova de Arousa a proxección do documental “Filmei paxaros voando” no marco do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -spot_img

A proxección do documental de Zeltia Outeiriño terá lugar no Auditorio Valle Inclán ás 16:30 horas

O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, está a desenvolverse este ano, ademais de en Vilanova de Arousa, en Marín, Mondariz e Salvaterra de Miño

O Auditorio Valle Inclán de Vilanova de Arousa acolle este martes 14 de outubro ás 16:30 horas a proxección do documental “Filmei paxaros voando”, de Zeltia Outeiriño. A actividade forma parte do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

O documental “Filmei paxaros voando” amósanos como a súa directora Zeltia Outeriño regresa a Galicia despois de 20 anos en Barcelona para filmar a memoria do seu admirado tío Antonio, un artesán téxtil galeguista homosexual que viviu intensamente nos anos 80. Este retorno provoca o reencontro coa súa nai Socorro, unha muller á que Zeltia rexeitaba. O repentino empeoramento na saúde de Socorro cambia a mirada de Zeltia, que comeza un camiño de volta a casa complexo, pero tamén cheo de amor, coidados e curación.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo desenvólvese tamén este ano en Marín, Mondariz e Salvaterra de Miño. Ademais de “Filmei paxaros voando”, en Vilanova de Arousa no mes de outubro haberá proxeccións do documental “Salvaxe, salvaxe” (17 de outubro) e das longametraxes “As Neves” (15 de outubro) e “+Cuñados” (19 de outubro).

Publicacións Relacionadas