HomeO MorrazoCangasA Deputación leva este martes o programa Son Verán a Cangas do...

A Deputación leva este martes o programa Son Verán a Cangas do Morrazo cun concerto de ópera en homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti

- Anuncio -spot_img

ÓperaConcert ofrecerá un recital lírico en homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti no marco desta nova iniciativa provincial, formada por espectáculos de alta calidade artística en enclaves e espazos patrimoniais da provincia

A Deputación de Pontevedra leva este martes 26 de agosto o novo programa provincial Son Verán a Cangas de Morrazo cun concerto de ópera en homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti a cargo de ÓperaConcert. O recital lírico terá lugar no Porto de Aldán a partir das 21:00 horas no marco desta nova iniciativa provincial, un ciclo de 13 concertos entre os meses de agosto a outubro en enclaves e espazos patrimoniais e paisaxísticos dos concellos da provincia.

O concerto homenaxe a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti da man de ÓperaConcert contará en Cangas do Morrazo coa presenza de Simona Todaro, neta de Pavarotti, e Montserrat Martí Caballé, filla da recoñecida artista, ademais da soprano galega Loli Crespo, o barítono Luis Santana e o mestre Víctor Carbajo ao piano. O espectáculo incluirá un repertorio da canción e ópera italiana, así como arias de ópera, canción española e zarzuela, con títulos como “O mio babbino caro”, “Ave María”, “O sole mio” oU “Nessun dorma”. Os artistas tamén compartirán co público anécdotas e lembranzas cheas de afecto.

O cartel de artistas de Son Verán inclúe tamén a Emilio Rúa, Óscar Ibáñez, Carlos Núñez e do dúo composto por Teo Cardalda e María Monsonís, e os concertos chegarán proximamente nos concellos de Baiona, Forcarei, Mondariz, Moraña, Poio, Ponteareas, Sanxenxo e Vilanova de Arousa. Son Verán é unha aposta da Deputación pola descentralización das actividades culturais ao longo de todo o territorio provincial, impulsando unha programación musical de primeiro nivel en todas as comarcas da provincia.

Publicacións Relacionadas