HomePontevedraCaldasA Deputación leva este sábado a Caldas de Reis o programa provincial...

A Deputación leva este sábado a Caldas de Reis o programa provincial +Música cunha actuación de Dakidarría

- Anuncio -spot_img

O grupo actuará na Tafona ás 22:00 horas no marco da Festas de Verán de Caldas de Reis

+Música está dotado este ano de 700.000 €, 100.000 € máis que o pasado ano, para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 16 de agosto un concerto de Dakidarría a Caldas de Reis enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terán lugar na Tafona ás 22:00 horas no marco da Festas de Verán de Caldas de Reis.

Dakidarría é un dos grupos referente nos festivais musicais galegos, contando cun gran número de seguidores que cantan e desfrutan en cada concerto. Tras vinte anos de traxectoria, o grupo recala en Caldas de Reis para ofrecer un espectáculo no que fusiona diversos estilos musicais coma o rock, o ska, o reggae ou o hip-hop. A súa posta en escena conta con múltiples efectos audiovisuais que non deixará indiferente a ninguén.

O concerto de Dakidarría é unha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

Publicacións Relacionadas