Home O Salnés Cambados A Deputación leva este sábado a Cambados o novo programa +Convivir, dirixido...

A Deputación leva este sábado a Cambados o novo programa +Convivir, dirixido ao movemento veciñal da provincia

- Anuncio -

A de Cambados trátase da segunda xornada deste programa de convivencia, trala celebrada o 13 de setembro na explanada da Seca de Poio coa participación de máis de medio milleiro de persoas. Colabora na organización a Mancomunidade do Salnés

Pazo provincial, 26 de setembro de 2024. A Deputación de Pontevedra leva este sábado a Cambados, en colaboración coa Mancomunidade do Salnés, o novo programa +Convivir. A Cultural da vila será o escenario onde se celebrará esta xornada lúdica e formativa dirixida ao movemento veciñal para pór en valor como “xuntos e entre todos” se constrúe a provincia. A de Cambados trátase da segunda parada de +Convivir, trala xuntanza celebrada o pasado 13 de setembro na explanada da Seca de Poio na que participaron máis de medio milleiro de persoas.

A xornada de +Convivir en Cambados comezará ás 16:30 horas coas intervencións do presidente da Deputación, Luis López, e da vicepresidenta da Mancomunidade do Salnés, Sabela Fole. A continuación terá lugar unha charla formativa de AFASAL, un obradoiro de risoterapia e saúde mental e outro de traballo funcional que irá seguido dun viño galego para todos os participantes co que se porá fin á xornada.

+Convivir é un novo programa provincial co que a Deputación de Pontevedra pretende amosar as súas sinerxías co movemento veciñal para dinamizar a provincia de Pontevedra. Ademais deste en Cambados, e do xa celebrado en Poio, está confirmada a realización de encontros cos movementos veciñais nos concellos de Cuntis, o 26 de outubro; A Estrada, o 9 de novembro; Mos, o 16 de novembro; e Tomiño o 16 de novembro.

Relacionadas

Regresan as visitas guiadas ao Castro de Santa Trega durante a Ponte da Constitución

0
A oferta de visitas guiadas ao Castro de Santa Trega sempre tiveron unha excelente collida entre veciños e visitantes que escollen A Guarda ou...

Black Friday mosense, solidario con Valencia

0
Os 34 microondas comprados por asociacións, empresas e particulares xa chegaron a destino e se atopan dando servizo ao pobo valencián afectado pola Dana A...

A música do Conservatorio e da Escola de Música de Tui súmase á maxia...

0
O Teatro Municipal e o novo espazo cultural da rúa Camilo José Cela serán os seus escenarios os días 11, 17, 18 e 19...

A Deputación acolle no Pazo provincial a conferencia sobre a vida olímpica de Teresa...

0
A deputada provincial María Ramallo presentou a actividade, que está enmarcada en Unha vida olímpica, unha alianza entre a institución e a piragüista co...

Luis López súmase á convocatoria da Xunta de Galicia no acto “Queremos Ave Vigo-Oporto”

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, sumouse esta mañá no Auditorio de Afundación de Vigo ao acto convocado pola Xunta de Galicia...

O segundo mercado aberto de comercio local, Queda en Mos, arranca o venres co...

0
Ata 19 negocios mosenses estarán co seu producto do 6 ao 8 de decembro no Pazo de MosMúsica, actividades en familia, obradoiros e artesanía...

Publicacións Relacionadas