HomePontevedraCampo LameiroA Deputación leva este sábado a Campo Lameiro o circuíto +Escénicas cun...

A Deputación leva este sábado a Campo Lameiro o circuíto +Escénicas cun espectáculo de música e circo para todos os públicos

- Anuncio -spot_img

“Peque Discos Moc Moc and Remember Temazos 90-2000”, do MeRe Clown, representarase ás 20:30 horas na Praza da Provincia de Pontevedra

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 21 de xuño o circuíto +Escénicas ao concello de Campo Lameiro da man do espectáculo familiar “Peque Discos Moc Moc and Remember Temazos 90-2000”, a cargo do MeRe Clown. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Peque Discos Moc Moc and Remember Temazos 90-2000” representarase na Praza da Provincia de Pontevedra ás 20:30 horas e é un espectáculo no que se mestura música e circo para conseguir unha auténtica discoteca móbil infantil e familiar. O baile e o humor serán os protagonistas nunha velada na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop ou techno. Todo isto acompañado dun equipo de iluminación disco, máquina de fume, pompas de xabón, malabares con lume ou luz e moitas sorpresas máis.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas