Home Pontevedra Caldas A Deputación leva este sábado a Cuntis o novo programa +Convivir, dirixido...

A Deputación leva este sábado a Cuntis o novo programa +Convivir, dirixido ao movemento veciñal da provincia

- Anuncio -

A de Cuntis trátase da terceira xornada deste programa de convivencia, trala celebrada o 13 de setembro na explanada da Seca de Poio e o 28 de setembro en Cambados, con máis de medio milleiro de persoas en cada cita

A Deputación de Pontevedra leva este sábado a Cuntis o novo programa +Convivir. A carpa do balneario da vila será o escenario onde se celebrará esta xornada lúdica e formativa dirixida ao movemento veciñal para pór en valor como “xuntos e entre todos” se constrúe a provincia. A de Cuntis trátase da terceira parada de +Convivir, tralas xuntanzas celebrada o pasado 13 de setembro na explanada da Seca de Poio e o 28 de setembro en Cambados, con máis de medio milleiro de persoas en cada cita.

A xornada de +Convivir en Cuntis comezará ás 16:30 horas coas intervencións do presidente da Deputación, Luis López, e da deputada provincial Isabel Couselo. A continuación terá lugar unha charla formativa de AFASAL, un obradoiro de risoterapia e saúde mental e outro de traballo funcional que irá seguido dun viño galego para todos os participantes co que se porá fin á xornada.

+Convivir é un novo programa provincial co que a Deputación de Pontevedra pretende amosar as súas sinerxías co movemento veciñal para dinamizar a provincia de Pontevedra. Ademais deste en Cuntis, e dos xa celebrados en Cambados e Poio, está confirmada a realización de encontros cos movementos veciñais nos concellos da Estrada, o 9 de novembro; Mos, o 16 de novembro; e Tomiño o 23 de novembro.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas