HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado a Mos e a Salceda de Caselas...

A Deputación leva este sábado a Mos e a Salceda de Caselas o circuíto +Escénicas cun espectáculo sobre a migración forzada e unha comedia

- Anuncio -spot_img

“Sophie non é o meu nome de guerra”, de Redrum Teatro, representarase no Centro dotacional de Torroso, en Mos, e a comedia “O furancho”, de Ibuprofeno Teatro, farao no Auditorio municipal de Salceda de Caselas. Ambas actuacións serán as 20:00 horas

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 29 de novembro o circuíto +Escénicas ao concello de Mos da man do espectáculo sobre a migración “Sophie non é o meu nome de guerra”, a cargo de Redrum Teatro, e ao concello de Salceda de Caselas da man da comedia “O furancho”, a cargo de Ibuprofeno Teatro. Trátase de dúas actuacións enmarcadas na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Sophie non é o meu nome de guerra” representarase ás 20:00 horas no Centro dotacional de Torroso de Mos e fala da migración forzada a través da vivencia persoal dunha muller que loita por ser libre, por amar e ser amada. Trátase dun espectáculo baseado nunha historia real, que  que pon o foco na realidade da trata de mulleres con fines de explotación sexual.

Pola súa banda, “O furancho” representarase ás 20:00 horas no Auditorio municipal de Salceda de Caselas e propón unha divertida comedia protagonizada por Marián Bañobre e Isabel Risco na que dúas emprendedoras terán que salvar distintos obstáculos para levar a cabo o seu soño de abrir un furancho.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas