Home O Condado As Neves A Deputación leva este sábado ata As Neves a película “¡Salta!” no...

A Deputación leva este sábado ata As Neves a película “¡Salta!” no marco do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -

A proxección cinematográfica poderá verse no Auditorio municipal da vila ás 20:00 horas

O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, chegará tamén aos concellos de Cerdedo-Cotobade, Moraña e Ribadumia

O Auditorio municipal das Neves acolle este sábado 16 de novembro unha proxección cinematográfica do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra coa finalidade de achegar as longametraxes e curtametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia. Nesta sesión, que comezará ás 20:00 horas, exhibirase o filme “¡Salta!”, dirixido por Olga Osorio.

A película “¡Salta!”, ambientada en xullo de 1989, segue a historia de Óscar e Teo, dous irmáns de 13 e 10 anos moi diferentes entre si e que viven nun modesto piso de barrio. Mentres que Teo é futboleiro e un pouco fervellasverzas, Óscar é un sabichón que prefire pasar as tardes de verán estudando a teoría da relatividade. Os dous lidan á súa maneira coa desaparición da súa nai, unha prometedora científica obsesionada cos buratos de verme. A cinta obtivo nove candidaturas aos Premios Mestre Mateo.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo chegará, ademais das Neves, ata os concellos de Cerdedo-Cotobade, Moraña e Ribadumia. Ademais de “¡Salta!”, tamén haberá proxeccións de “O Corno”, “Matria”, “Fatum”, “A viaxe de Lucy”, “Chichi e mais eu”, “Emoción, vida e teatro, a nave das Marías” e “Os espazos en branco”.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas