HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado ata Rodeiro o circuíto +Escénicas con “Boa...

A Deputación leva este sábado ata Rodeiro o circuíto +Escénicas con “Boa sorte, mala fama” de Tarabela Creativa

- Anuncio -spot_img

A peza teatral, para público adulto, poderá verse ás 22:00 horas no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares

+Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, cunha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 15 de febreiro o circuíto +Escénicas ao Concello de Rodeiro con “Boa sorte, mala fama” de Tarabela Creativa. A función, dirixida ao público adulto, comezará ás 22:00 horas no Centro Cultural Municipal Manuel Lamazares e enmárcanse no novo circuíto da institución provincial que está a espallar ata marzo unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia, cun orzamento de 150.000 euros.

“Boa sorte, mala fama”, a peza que Tarabela Creativa interpretará este sábado en Rodeiro, nace da necesidade de contar aquelo do que pouco se fala. Trátase dunha traxicomedia en tres actos: os tratos, os maltratos e os retratos, nos que facendo unha cartografía e un percorrido a través de diferentes épocas e persoas se contará a historia máis “incómoda” da emigración. O espectáculo emprega a narración oral, a música ao vivo e a interpretación a través de tres mulleres en escena que representan, cada unha desde a súa disciplina, o rostro menos institucional da emigración galega.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros para financiar os espectáculos propostos, incluídos nun amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro posto á súa disposición e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas