HomePontevedraA LamaA Deputación leva este venres o ciclo +Escénicas á Lama e Campo...

A Deputación leva este venres o ciclo +Escénicas á Lama e Campo Lameiro con espectáculos de marionetas e ilusionismo

- Anuncio -spot_img

A obra “O Galo Quirico e os seus amigos” representarase a cargo da compañía Seisdedos Marionetas Tradicionais no CEIP A Lama ás 11:00 horas

O espectáculo “Libros, libros, libros: Todo está nos libros” chegará da man da Maga Fani ao CEIP Antonio Cerviño de Campo Lameiro ás 12:00 horas

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este venres 24 de outubro o circuíto +Escénicas ao concello da Lama cunha obra de marionetas a cargo da compañía Seisdedos Marionetas Tradicionais e ao concello de Campo Lameiro cun espectáculo de ilusionismo a cargo da Maga Fani. Trátanse de dúas actuacións enmarcadas na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“O Galo Quirico e os seus amigos” representarase no CEIP A Lama a partir das 11:00 horas e trátase dunha novo proposta do conto popular na que os espectadores da Lama participarán cantando e bailando xunto a números de marionetas tradicionais. A compañía recupera para a ocasión esta posta en escena, con monicreques, teatriño de cartón e música en directo interpretada polo acordeonista Carlos Quintá. Pola súa banda, “Libros, libros, libros: Todo está nos libros” chegará ao CEIP Antonio Cerviño de Campo Lameiro ás 12:00 horas para amosar como os libros fan abrir a mente ao coñecemento e ao respecto. Por iso ler neles, tocalos e aloumiñalos é máxico.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta a unha demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas