Free Porn
xbporn
Home O Salnés A Illa de Arousa A Deputación leva o programa +Bosques esta fin de semana ata cabo...

A Deputación leva o programa +Bosques esta fin de semana ata cabo Udra e O Carreirón

- Anuncio -

A iniciativa promove o contacto directo coa natureza e ten xa todas as prazas cubertas, tanto para este mes como para outubro

A Deputación de Pontevedra pon en marcha esta fin de semana dous novos percorridos do programa provincial +Bosques que levarán un total de 30 persoas aos espazos naturais de cabo Udra (Bueu), o sábado 21 de setembro, e o Parque Natural do Carreirón (A Illa de Arousa), o domingo 22 de setembro. Os percorridos teñen unha duración de ata 3 horas e permitirán afondar sobre as especiais características destes espazos que os converten en lugares protexidos ou con exemplares botánicos singulares.

Esta iniciativa da institución provincial, que promove o contacto directo coa natureza, permite ás persoas participantes gozar das vantaxes dos “baños de bosques” a través de preto de 40 percorridos organizados entre xuño e outubro polos ríos Almofrei (Pontevedra) e Xabriña (Covelo), O Carreirón (A Illa de Arousa), cabo Udra (Bueu), a illa de Tambo (Poio), o lago Castiñeiras (Marín e Vilaboa) e o pazo de Lourizán (Pontevedra).

A Deputación, a través de +Bosques, organiza este mes nove percorridos todos os sábados e domingos. En total ata outubro serán preto de 40 as quendas por sete espazos tanto da costa como do interior da provincia que permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Todas as rutas pretenden proporcionar ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do “baño de bosque” e a conexión directa en e coa natureza. +Bosques promove a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como a realización de exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural.

Todas as prazas do programa, que rematará coas quendas do mes de outubro, están esgotadas. Este pasado luns 16 de setembro a Deputación abriu o período de inscrición para estas últimas, completando as 120 prazas dispoñibles en menos dunha hora.

Relacionadas

Redondela conmemora o Día do Alzhéimer cunha charla informativa para familias e coidadores

0
O sábado, 21 de setembro, celébrase o Día Mundial do Alzhéimer, unha enfermidade que afecta a unha de cada dez persoas maiores de 65...

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra participa na presentación da programación de outubro previa...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou hoxe no Concello de Pontevedra na presentación da programación de outubro previa á Gala dos...

O concello da Lama crea a “Aula Mentor” para achegar máis de 240 cursos...

0
Única na comarca do Verdugo-Oitavén, está ubicada nas dependencias da Biblioteca e Oficina Municipal de Información Xuvenil. O alcalde do Concello da Lama, David Carrera,...

Domínguez: “A planta de compostaxe non se vai a facer en Pontevedra pero seguen...

0
• O tempo dá a razón ao PP co diñeiro malgastado das arcas municipais no alugueiro dunhas hectáreas da parroquia que, nove anos máis...

Luis Menor supervisa as obras de reparación da estrada provincial e da nova ponte...

0
Acompañado polo alcalde, Plácido Álvarez, afirmou que estes traballos supoñen “un dos investimentos máis elevados que ten realizado a Deputación en estradas” e que...

A Deputación acolle unha reunión de coordinación sobre estradas e seguridade viaria nas vías...

0
Os participantes intercambiaron información sobre obras en curso ou previstas, melloras de conexión entre vías de diferente titularidade ou actuacións para controlar a velocidade...

Publicacións Relacionadas