Home A Paradanta A Cañiza A Deputación mobilizou máis de 23 millóns no sur da provincia a...

A Deputación mobilizou máis de 23 millóns no sur da provincia a través do Plan +Provincia para financiar preto de 200 actuacións

- Anuncio -

A institución provincial outorgou axudas por valor de 14,3 millóns de euros aos concellos de Arbo, Baiona, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño e Tui

A Deputación de Pontevedra mobilizou a través do Plan +Provincia máis de 23,4 millóns de euros para realizar un total de 192 investimentos na zona no sur da provincia, con axudas da institución provincial valoradas en 14,3 millóns de euros que recalaron nos concellos de Arbo, Baiona, A Cañiza, Covelo, Crecente, Fornelos, Gondomar, A Guarda, Mondariz, Mondariz-Balneario, Mos, As Neves, Nigrán, Oia, Pazos, Ponteareas, O Porriño, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior, Tomiño e Tui.

En Arbo, a Deputación mobilizou un total de 1.027.042,07 € a través de seis proxectos financiados con 329.232,51 € do +Provincia: as achegas municipais do convenio para a mobilidade peonil no treito antigo da EP-5201 e na contorna da capela de San Xoán de Barcela, o proxecto de ensanche e pavimentación no lugar de Casanova-Mourentán, a subministración de equipamento de salón e cociña para o centro social, a reposición viaria e execución de muro no lugar de Vilar e a subministración dunha varanda no camiño Fonte da Igrexa e peche dos parques de Santo Antonio.

En Baiona mobilizáronse un total de 1.366.920,92 € para financiar sete actuacións que obtiveron achegas provinciais de 748.928,64 euros: a parte municipal dos proxectos de adecuación do espazo público e mellora de redes de servizos na Praza da Vitoria e Cadaval e de mellora do campo de fútbol do Aral, a instalación dun ascensor na casa consistorial, a mellora de camiños municipais, a renovación do alumeado público na urbanización Ponte Romana, o pintado de vías no centro urbano e a mellora de pavimentación e seguridade viaria no Camiño Bravo de Belesar.

Na Cañiza, o Plan +Provincia deixou un total de 1.295.550,91 € para sete proxectos de novo financiados con 517.704,83 euros de recursos da Deputación: a achega municipal do proxecto de acondicionamento e mellora da eficiencia enerxética do campo de fútbol de Augas Férreas, a reforma nas pistas de tenis, a xeración eléctrica fotovoltaica para uso da piscina municipal, mellora de camiños municipais nos Bueixos e As Grades (Achas), saneamento no lugar de Gundián-Petán, actuacións no observatorio nocturno e miradoiro interpretativo no Montouto e obras de acondicionamento do ximnasio do pavillón de deportes.

En Covelo, a Deputación achegou 408.437,97 € para once proxectos cunha mobilización total de 408.570,97 euros: a pavimentación de camiños, a remodelación para crear prazas de aparcamento no núcleo urbano, a cubrición e renovación do parque infantil do colexio, a pavimentación de camiños municipais na Lamosa, a reforma interior da escola de Redondo, a cubrición de nichos e adaptación do aseo do cemiterio de Casteláns, a limpeza e impermeabilizacion do depósito de augas de Barcia de Mera, a rehabilitacion do lavadoiro da Poza Grande, os colectores de saneamento en Carredás, a pavimentacion de pistas en Castro, Coveliño, Bugariña e Castelás e a subministración e colocación de placas numéricas.

En Crecente, as achegas provinciais supuxeron unha inxección de 336.039,14 € para financiar dez proxectos cunha mobilización total de 770.245,68 €: a renovación de equipamentos de apoio no campo de fútbol municipal, pavimentacións, a implantación dun punto limpo móbil, melloras en vías de acceso a núcleos, a subministración de accesorios para as depuradoras e estación de bombeo para o saneamento, a adquisición de mobiliario e accesorios na área recreativa de Filgueira, o parque infantil de Lobariñas e a piscina municipal, a adquisición de elementos de protección e sinalización viaria, a adquisición de accesorios para a rede de abastecemento municipal, a adquisición de mobiliario urbano e a adquisición dun cazo de limpeza para retroescavadora.

En Fornelos de Montes, seis axudas por valor de 295.720,29 € mobilizaron en total 602.795,84 € para os seguintes proxectos: rehabilitación das instalacións municipais dedicadas a piscinas, pavimentación de camiños municipais en varios puntos da vila, subministración dun vehículo polivalente, a reforma do local social de Santo Amaro e mais a subministración de sinais viarias, contedores, taboleiros para comportas, unha rozadura e instrumentos de control de augas.

En Gondomar, catorce proxectos mobilizaron 1.906.466,29 € grazas a axudas do +Provincia valoradas en 898.804,23 €: o acondicionamento da praza Manuel Alonso, o pavimento e canalización de pluviais nas rúas Fontán e Texosa (Mañufe), a pavimentación e canalización de pluviais en Gándara (Peitieiros), a reforma interior do CRA Antía Cal, mellora da pavimentación e rede de pluviais no camiño municipal de Tumbio a Casás, en Brandufe, en Camiño Castro, Camiño Fondo e Camiño Rocha, a mellora da seguridade viaria na parroquia de Borreiros, o acondicionamento acústico do polideportivo municipal, o acondicionamento de escaleira lateral e o armario eléctrico do multiúsos municipal, a merca de cadeiras elevadoras para o auditorio e a compra de mobiliario para a biblioteca.

Na Guarda, dúas achegas de 647.667,32 € permitiron mobilizar 1.358.094,14 € para a creación dun novo punto limpo e para o proxecto básico e de execución da reforma integral do bloque I dos edificios Sinde.

En Mondariz, a Deputación mobilizou un total de 923.555,78 € a través de seis proxectos financiados con 430.412,02 € de fondos provinciais: a actuación do campo de fútbol e zona de deporte na Lagoa, a mellora de vías municipais, o centro de interpretación interactivo da cestería, a ampliación do saneamento no barrio do Cruceiro, a adquisición de equipamento para recollida de lixo, a mellora do abastecemento de auga e equipamentos para servizos sociais municipais.

En Mondariz-Balneario mobilizáronse un total de 244.243,12 € cunha inxección de 202.594,69 € de fondos do +Provincia para financiar catro proxectos: o acondicionamento do segundo andar da Casa do Concello, a renovación da rede de saneamento da rúa Escobeiro, a mellora da eficiencia enerxética na zona de Fonte de Troncoso e a subministración de material para o desenvolvemento de actividades culturais e equipamentos.

En Mos, a Deputación achegou un total de 801.360,33 € a través do Plan +Provincia para financiar nove actuacións integramente: o proxecto de mellora da pavimentación de camiños, o proxecto de muros de contención no Camiño da Millara e da Muralla, a mellora da rede de saneamento no camiño do Carballo, a subministración dunha miniescavadora, a actualización do inventario de fincas rústicas, urbanas e construcións, a subministración e montaxe dun xogo infantil no parque da Pesqueira, maquinaria para a roza, un depósito de pretratamento de auga no parque da Pesqueira e ferramentas e maquinaria para limpeza e obras.

Nas Neves, a Deputación mobilizou 1.042.406,58 € para dez proxectos cunha inxección de 446.361,80 euros: o acondicionamento da praza de Santa María de Liñares, a mellora da eficiencia enerxética nas instalacións de xeración térmica no concello e no centro cultural, a mellora do asfaltado de vías municipais, as pistas de pádel na área deportiva da Caíña, a reforma do centro de saúde, o accesos a vivendas rurais, a rehabilitación de muros, melloras de sinalización e balizamento, reparación de cuneta no camiño do Pazo e a repavimentación en camiño de Guláns.

En Nigrán, a Deputación mobilizou 789.601,53 € financiando integramente tres proxectos: o proxecto de mellora de beirarrúas e instalacións na rúa do Mariñeiro, a rede de saneamento e de abastecemento na Pateira e a ampliación da rede de saneamento e abastecemento na Carballeira.

En Oia mobilizáronse un total de 769.824,19 € para financiar 11 actuacións que obtiveron achegas provinciais de 384.323,72 euros: a reforma da contorna do mercado de abastos, a adquisición dun vehículo para a recollida de residuos e outro para o punto limpo móbil, a mellora de camiños municipais, o proxecto de construción dun pump track, unha intervención na fonte de Pedornes, a renovación do pavimento do parque biosaudable de Torroña e a ampliación e renovación do de Viladesus, a subministración dunha trituradora e dunha máquina para o mantemento do céspede artificial, e melloras no sistema de abastecemento municipal.

En Pazos de Borbén, o Plan +Provincia deixou un total de 444.459,40 € para oito proxectos financiados con 382.084,69 euros de recursos da Deputación: a rehabilitación dunha vivenda social en Pousiño, a construción da cuberta para a pista de pádel, a pavimentación de camiños municipais, a renovación da capa rodadura no camiño do Santo Aparecido, a mellora de infraestruturas e equipamentos municipais, as expropiacións para o ensanche e mellora da EP-2702, a pavimentación do camiño municipal en Nespereira e a creación do centro de interpretación da natureza ao aire libre a carón do río do Pozo Negro e do rego de Riamonte.

En Ponteareas, a Deputación achegou 1.022.915,49 € para 21 proxectos cunha mobilización total de 1.483.152,92 euros: a ampliación de equipamento para persoas con discapacidade no centro de atención temperá, a achega do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o campo de fútbol de San Mateo, a adquisición de material para o Corpus Christi, a conservación e mellora do cemiterio municipal, a conservación e mellora de camiño nas Cachadas, a redacción do proxecto de rehabilitación e deseño interior da nova Praza de Abastos, o cambio de cuberta e substitución de carpintería exterior do CRA Pías e do CRA Areas, as obras de conservación e mantemento no pavillón 1 do complexo deportivo Álvaro Pino, o acondicionamento paisaxístico da contorna da capela da Virxe do Socorro, a instalación de alumeado público nas avenidas de Galicia, Castelao, Fermín Bouza Brey e Rosalía de Castro, a instalación de redutores de velocidade, o concurso ideas para a rehabilitación do mercado para crear unha nova biblioteca, a pavimentación e mellora dun camiño en Moreira, a adquisición de vehículos para os departamentos de alumeado e vías e obras, a integración da rede de videovixilancia de tráfico a unha nova infraestrutura de xestión do tráfico, a reposición de tramo de tubaxe de saneamento na rúa Canteiro José Cerviño e a mellora de acceso ao lugar da Barxela (Ribadetea).

No Porriño, as achegas provinciais supuxeron unha inxección de 796.463,33 € para financiar doce proxectos cunha mobilización total de 803.463,33 €: a mellora de camiños en Torneiros e Pontellas, a repavimentación en camiños de Mantelle, Vacaría, A Chan, O Casal e Cerquido, a reconstrución da rodadura en diversas zonas da vila, a adquisición dunha parcela, a reforma dun local para dar o servizo de atención temperá e un centro infantil de xogos, a mellora de parques infantís e áreas biosaudables, a mellora do asfaltado nos camiños de Cans, Roupeiro e Cavada, o saneamento na Levada (Mosende) e a travesía de Novas (Atios), melloras no asfaltado nos canellóns das avenidas de Galicia e Domingo Bueno, e a subministración de mobiliario para o multiúsos de Torneiros e de elementos de xogo infantil para o campo da feira.

En Redondela, cinco axudas por valor de 903.559,67 € mobilizaron en total 1.080.336,16 € para os seguintes proxectos: a substitución do céspede artificial no campo de fútbol de Chapela, a construción da senda verde na antiga vía férrea, a pavimentación e mellora da estrada do Outeiro de Reboreda, a pavimentación do camiño municipal das Ánimas en Chapela, e o proxecto de mellora da estrada e redes de abastecemento e pluviais dos camiños de baixada á estación.

No Rosal, sete proxectos mobilizaron 324.442,81 € grazas a axudas do +Provincia valoradas en 317.201,94 €: a adecuación dos camiños de Marzán, do Xogo e da Crangosta, o saneamento no Camiño do Nixo-Durán-Viso dos Eidos, a renovación do parque de Pías, a adquisición dunha parcela en Martín, o cambio de pavimento do patio da escola infantil e a adquisición de equipamento para roza de camiños e para o servizo de vías e obras.

En Salceda de Caselas, mobilizáronse un total de 550.248,81 € para financiar nove actuacións que obtiveron achegas provinciais de 483.655,16 euros: a mellora das instalacións das piscinas municipais, a ampliación da rede de saneamento en Parderrubias, a renovación do pavimento da pista do pavillón, o proxecto de habilitación dun espazo para uso sociocultural en Santo Estevo de Budiño, a rede de saneamento para a conexión o CRA Raíña Aragonta e a subministración de mobiliario, un software de recadación e un sistema do control do tráfico.

Na Salvaterra de Miño, o Plan +Provincia deixou un total de 1.350.978,23 € para sete proxectos financiados con 848.967,67 euros de recursos da Deputación: a recuperación do espazo peonil na rúa da Forca, a mellora de vías municipais, melloras nos vestiarios e na pista de pádel das instalacións deportivas do Casal, o acondicionamento de vestiarios no campo de fútbol de Oural, saneamento en Cantalarrana e Os Lameiros e a subministración de contedores de lixo.

En Soutomaior, a Deputación achegou 432.066,03 € para tres proxectos cunha mobilización total de 439.533,49 euros: o espazo de centralidade da Carreira dos Bolos da Pedreira, a mellora da accesibilidade e humanización da Praza da Aldea e melloras nos parques infantís.

En Tomiño, as achegas provinciais supuxeron unha inxección de 1.120.084,57 € para financiar seis proxectos cunha mobilización total de 2.208.096,68 €: a rehabilitación enerxética da Casa da Cultura e outros equipamentos, a nova rede de saneamento en Carregal, a reforma da cuberta e a fachada do pavillón de deportes da Carballa, a mellora da mobilidade peonil na Avenida Ordóñez, o acondicionamento da contorna do Torreiro de Vilameán e a subministración de luminarias.

E, por último, en Tui, oito axudas por valor de 818.227,97 € mobilizaron en total 1.426.603 € para os seguintes proxectos: reforma da contorna da Praza de Abastos, un muro de contención no parque de xardíns, a renovación da cuberta e reparación estrutural do campo de fútbol municipal Álvarez Durán, a reparación e mellora do camiño municipal en Lugar de Bornetas, a mellora da salubridade e o consumo enerxético da pista polideportiva de Randufe e a mellora da capa de rodadura na vía que une O Funchal e Laranxeiras (Rebordáns).

O Plan +Provincia tivo un orzamento de 48,2 millóns de euros, dos que se beneficiaron todos os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia e que supuxeron unha mobilización de preto de 53 millóns de euros en arredor de 400 proxectos. O plan de cooperación municipal da Deputación de Pontevedra volverá ser histórico en 2025, con outros 48,2 millóns de euros á disposición dos concellos da provincia baixo as claves de cooperación, equilibrio e respecto á autonomía local.

Relacionadas

O goberno provincial presenta na comisión de Facenda os orzamentos da Deputación para 2025,...

0
Por primeira vez na historia da institución supéranse os cen millóns de euros, cun incremento de 9.050.000 €, que supón un 9,42 % máis O...

O comité para desbloquear o transporte metropolitano avanza na reordenación dun mapa que dará...

0
Tralo terceiro encontro de traballo cos concellos da comarca de Ourense implicados no proceso, o presidente da Deputación, Luis Menor, afirmou que “imos no...

A Deputación promove coa Xunta un documental de 5 capítulos sobre Vicente Risco que...

0
Na presentación de “Os trazos de Risco participaron o director da Área de Cultura, Marcos Vázquez; o secretario xeral  de Política Lingüística, Valentín García,...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

Publicacións Relacionadas