Home Pontevedra A Lama A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos...

A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos do ciclo provincial Entradiñas de Aninovo

- Anuncio -

Dania Diva (na Lama) e o dúo formado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Oia) ofrecerán dúas actuacións como parte do programa que está a levar aos concellos da provincia un repertorio musical de Nadal para desfrutar en familia

A Deputación de Pontevedra continúa este sábado 4 de xaneiro na Lama e Oia co calendario de concerto do ciclo provincial Entradiñas de Aninovo. Este programa, formado por 17 concertos, está a levar a distintos espazos culturais e patrimoniais dos concellos da provincia un repertorio clásico, tradicional e popular para desfrutar do Nadal en familia, ao longo do territorio provincial desde mediados de decembro ata mediados de xaneiro. As actuacións deste venres estarán ofrecidas por Dania Diva na Lama e polo dúo de Xosé Carlos Caneiro e Emilio Rúa en Oia.

Dania Diva actuará na igrexa de San Salvador da Lama ás 19:00 horas. A soprano cubana presenta o seu concerto “Luce dell’aria”, unha homenaxe a diversos compositores clásicos e modernos nun repertorio operístico. A soprano afincada en Galicia puxo en marcha xunto co mestre de canto José Pérez Pérez unha serie de proxectos culturais de desenvolvemento de novas e novos intérpretes, como a Asociación de Artistas Vocálitis ou o grupo de concertos Soño de Calíope. É licenciada na especialidade de Educación Artística e graduada en Canto e conta cunha ampla formación artística ligada ao teatro comunitario e á danza contemporánea, alternando co seu traballo como profesora.

Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro presentarán na igrexa do mosteiro de Oia ás 20:00 horas o seu espectáculo “Cánticos de Luz e Nadal”. Neste espectáculo poético e musical, que é ademais a súa primeira vez xuntos neste ámbito, levan panxoliñas e textos de Nadal ás igrexas da provincia de Pontevedra para recuperar o Nadal no seu sentido primixenio: un tempo de alegría. A actuación será un festexo do gozo, pero tamén un modo de sentir o Nadal intimamente.

O ciclo Entradiñas de Aninovo é unha actividade posta en marcha pola Deputación de Pontevedra por vez primeira este ano. Cun orzamento de 60.000 euros, súmase ás actividades programadas no Castelo de Soutomaior (visitas teatralizadas, un videomapping e sesións de contacontos) e no Museo de Pontevedra (exposicións temáticas, obradoiros infantís a actuacións musicais).

Relacionadas

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Baiona mantén a súa Cabalgata o domingo pola tarde

0
O domingo 5 de xaneiro está previsto que as súas Maxestades os Reis Magos de Oriente visiten Baiona subidos nas súas maxestosas carrozas e...

A Deputación bota o peche do xogo de escapismo do Castelo de Soutomaior coas...

0
O xogo, para o que están á venda as entradas dos oito pases que se realizarán o sábado 11 e o domingo 12 de...

A Deputación acada en 2024 o maior dato en dez anos de visitas ás...

0
Increméntase o número de visitantes individuais, grupos e participantes en actividades, aínda que o dato global baixa debido ao peche das ruínas de San...

O Porriño prepárase para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos de Oriente no...

0
● 120 personas acompañarán a Melchor, Gaspar e Baltasar a partir das 17:30 h no pavillón municipal ● Os Reis Magos chegarán no Tren do...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo...

0
A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e...

Publicacións Relacionadas