HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación pecha o próximo luns en Forcarei o programa de convivencias...

A Deputación pecha o próximo luns en Forcarei o programa de convivencias veciñais +Convivir do 2025

- Anuncio -spot_img

Trátase da duodécima das xornadas da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que chegará este luns ao Auditorio de Soutelo de Montes a partir das 16:30 horas

Ademais de Forcarei, este ano +Convivir pasou por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Ribadumia, Bueu, Gondomar, Tui e Covelo

A Deputación de Pontevedra leva este luns 8 de decembro ata Forcarei unha nova xornada do programa de convivencias veciñais +Convivir. Trátase da última actividade da segunda edición desta iniciativa destinada ao movemento veciñal que xa pasou este ano por Fornelos de Montes, Redondela, Salceda de Caselas, A Lama, Baiona, Rodeiro, Ribadumia, Bueu, Gondomar, Tui, Covelo e pecharase este luns no Auditorio de Soutelo de Montes a partir das 16:30 horas, coa presenza do deputado de Acción Comunitaria Javier Tourís.

A actividade prevé sumar a centos de persoas que gozarán dunha xornada lúdica pero tamén de aprendizaxes. Neste eido, no Auditorio de Soutelo de Montes haberá unha charla sobre alzhéimer, un obradoiro de risoterapia e tamén unha sesión de ximnasia de mantemento. A xornada completarase con música e cun refrixerio para as persoas asistentes.

+Convivir é un programa provincial co que a Deputación de Pontevedra demostra o seu compromiso co tecido asociativo veciñal e enxalza o papel que este desenvolve para o avance da provincia. O pasado ano, foron case 4.000 as persoas que desfrutaron das sete citas organizadas pola institución ao longo da xeografía provincial.

Publicacións Relacionadas