HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación pon en marcha este martes no Edificio Administrativo de Pontevedra...

A Deputación pon en marcha este martes no Edificio Administrativo de Pontevedra a acción formativa “Desenmascarando as técnicas dos ciberdelincuentes”

- Anuncio -spot_img

Trátase da primeiras das tres accións formativas sobre ciberdelincuencia, ciberseguridade e Intelixencia Artificial para profesionais das pemes e administracións públicas. Terá lugar ás 12.30 horas no Salón de actos do Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra

A segunda das accións formativas, “Intelixencia Artificial e Ciberseguridade: novos retos, novas regra”, terá lugar o martes 27 de maio en formato videoconferencia e ten xa aberta a inscrición na páxina web institucional

A Deputación de Pontevedra pon en marcha este martes ás 12.30 horas no Edificio Administrativo da Deputación en Pontevedra a primeiras das tres accións formativas sobre ciberdelincuencia, ciberseguridade e Intelixencia Artificial dirixidas a profesionais das pemes e das administracións públicas. Trátase de  “Desenmascarando as técnicas dos ciberdelincuentes” que se enmarca no Grupo de Traballo de Empresas do Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, en colaboración con Gradiant, empresa adherida a CIBER.gal, e a institución provincial, entidade fundadora de CIBER.gal.

A acción formativa, dunha hora de duración, será impartida por Borja Pintos, responsable técnico de ciberseguridade industrial de Gradiant. Durante a sesión, daranse a coñecer as técnicas que empregan os ciberdelincuentes para manipular e atacar as persoas, con exemplos reais e consellos para evitar caer nas súas trampas. Así, afondarase no phishing, na clonación de voz por IA, nos delitos típicos e nas técnicas que poden poñer en marcha as persoas e entidades para protexerse.

As seguintes accións formativas serán online. Para a segunda, co título “Intelixencia Artificial e Ciberseguridade: novos retos, novas regras”, que terá lugar o 27 de maio ás 13:00 horas e será impartida por Víctor Salgado, socio-director de Pintos&Salgado, o formulario está xa habilitado na páxina web institucional. Neste caso, e tamén durante unha hora, explicarase o auxe da Intelixencia Artificial e o seu impacto na ciberseguridade, analizaranse exemplos prácticos do uso da IA xenerativa e as súas implicacións en materia de seguridade (deepfakes, clonación de voz, xeración de contido malicioso), estudaranse os principais riscos (fraudes automatizados, vulneración da privacidade, manipulación da información, suplantacións de identidade), así como o novo Regulamento Europeo de Intelixencia Artificial. Ademais daranse recomendacións, medidas preventivas e boas prácticas para o uso de ferramentas da IA.

A última sesión, prevista para xuño, consistirá nunha demostración práctica sobre cesión de ferramentas e servizos de ciberseguridade.

Publicacións Relacionadas