Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación pon en valor a figura da raíña Urraca I, “esquecida...

A Deputación pon en valor a figura da raíña Urraca I, “esquecida pola historia e recuperada a posteriori” nun novo faladoiro do programa Aquí faltan páxinas

- Anuncio -

Sandra Bastos: “É importante descubrir mulleres como ela, a primeira muller monarca en toda Europa en exercer un reinado de pleno dereito, cuxo poder foi cuestionado por intentar cambiar as regras e rematar cos privilexios”

O Castelo de Sobroso acolleu hoxe un novo faladoiro do programa da Deputación de Pontevedra Aquí faltan páxinas. Neste caso, a institución provincial converteu en protagonista á raíña Urraca Primeira de León, unha muller “esquecida pola historia e recuperada a posterori”, como explicou a deputada de Igualdade, Sandra Bastos, durante a inauguración. O faladoiro, correu a cargo da xornalista e escritora Isabel San Sebastián (que publicou este ano ‘La temeraria’, un libro centrado na súa figura) e a historiadora experta en historia medieval feminina Carla Trincado, que puxeron en valor a súa figura e a súa historia, na que Sobroso tivo moito que ver, pois foi o lugar no que foi cercada polos partidarios do seu fillo.

“É importante descubrir mulleres como ela, a primeira muller monarca en toda Europa en exercer un reinado de pleno dereito, cuxo poder foi cuestionado por intentar cambiar as regras e rematar cos privilexios”, asegurou a deputada de Igualdade, quen incidiu en que “precisamos construír referentes para as nosas nenas e mozas, que medren sabendo que hai moitas mulleres que brillaron e brillan nos diferentes ámbitos”.

Alcumada “a Temeraria” polo seu carácter batallador, filla e sucesora de Afonso VI e Constanza de Borgoña, en 1109 ascendeu ao trono do reino de León, que abarcaba tamén Galicia. Durante o seu mandato demostrou ser unha muller moi adiantada á súa época, que cambiou as regras que marcaban como debían comportarse as monarcas. A súa traxectoria, así como a das outras mulleres que forman parte da segunda colección do programa “Aquí faltan páxinas”, pode consultarse nun pódcast do que se poderá desfrutar tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify.

Relacionadas

O Concello de As Neves impulsa a mellora da seguridade viaria no Camiño do...

0
O Concello de As Neves vén de anunciar o inicio dun proxecto de mellora viaria no Camiño do Pazo, situado en Tortoreos, coa finalidade...

O Concello de Ponteareas sancionará á empresa prestadora do Servizo de Axuda no Fogar

0
O Concello de Ponteareas aprobou hoxe nun pleno extraordinario sancionar á empresa que presta o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Por unanimidade de...

O BNG de Vigo tacha de “estafa política” o programa de intermediación de vivenda...

0
A fronte nacionalista afea as “falsidades” do alcalde e desvela que o programa, cun custo de 230 mil euros para dous anos, só prevé...

Aberto o prazo para solicitar a bonificación do 40% do IBI para as familias...

0
O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, informa que no 2024 foron tramitadas 82 solicitudes desta axuda  O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, recordou esta mañá...

O BNG chama a unha nova mobilización masiva en Vigo en contra da “desfeita...

0
A fronte nacionalista pide ás viguesas e vigueses que volvan encher as rúas da cidade este xoves 16 de xaneiro en apoio da manifestación...

Tui reforza a súa aposta polo medio ambiente coas obras de mellora realizadas no...

0
Investíronse 68 mil euros renovando o peche perimetral, construíndo unha nova caseta para residuos eléctricos e reforzando a sinalización O Punto Limpo de Tui, situado...

Publicacións Relacionadas