Home Pontevedra A Lama A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama...

A Deputación presenta ante centos de persoas en Moraña e A Lama os programas de Acción Comunitaria, cunha dotación de 2,4 millóns de euros

- Anuncio -

O deputado provincial de Acción Comunitaria, Javier Tourís, reuniuse co movemento asociativo e veciñal de Moraña e A Lama para dar a coñecer as bases dos programas que impulsará esta área da Deputación de Pontevedra durante o ano 2025: Provincia Comunitaria e +Aqua, que repiten trala grande acollida das súas primeiras edicións, e o novo +Novaqua. En conxunto, recibirán un orzamento inicial de 2,4 millóns de euros, un 20% superior. O deputado provincial lembrou que “as bases xa están publicadas e os colectivos xa poden optar ás axudas, nun ano no que temos máis programas, máis recursos e máis potenciais beneficiarios”.

Javier Tourís, ante centos de persoas de ambas vilas e acompañado en cadanseu lugar polos seus respectivos alcaldes, Sito Gómez e David Carrera, remarcou o bo funcionamento dos programas impulsados o ano pasado. “Sabíamos que era unha necesidade e unha conta pendentes da Deputación despois de oito anos ignorando o tecido asociativo, sen plans específicos de axudas para os seus proxectos” e por iso “era unha obriga recuperar a colaboración e seguir avanzando na modernización do noso territorio. Agora, estes programas están a ser unha figura clave na cohesión e o equilibrio territorial da provincia”. O deputado sinalou novidades como a simplificación administrativa dos plans así como a captación de fondos estatais, cos que “somos un referente en España na atención ao movemento veciñal e imos consolidar o noso modelo”.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas