Home Baixo Miño A Guarda A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do...

A Deputación programa esta fin de semana os últimos cinco concertos do ciclo Entradiñas de Aninovo en Bueu, Baiona, Valga, A Guarda e Ribadumia

- Anuncio -

As actuacións forman parte dun programa provincial que leva un repertorio clásico, tradicional e popular de Nadal a espazos culturais e patrimoniais da provincia

A Deputación de Pontevedra pon fin esta fin de semana ao ciclo de concertos Entradiñas de Aninovo, coas últimas actuacións en Bueu, Baiona, Valga, A Guarda e Ribadumia. Este programa, formado por 17 concertos, está a levar a distintos espazos culturais e patrimoniais dos concellos da provincia un repertorio clásico, tradicional e popular para desfrutar do Nadal en familia, ao longo do territorio provincial desde mediados de decembro.

Os concertos desta fin de semana comezan o venres 10 en Bueu da man do Ballet de Galicia, que ofrecerá unha actuación ás 19:30 horas no Centro Social do Mar, espectáculo que repetirán o sábado 11, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Valga, e o domingo 12, ás 19:00 horas, no Auditorio municipal de Ribadumia. Nos tres espazos, o Ballet de Galicia, baixo a dirección do mestre e coreógrafo Diego Landín, porá en escena a súa Gala de Danza, que combina pezas clásicas e contemporáneas interpretadas por un elenco dun alto nivel, facendo unha proposta que equilibra a tradición e a innovación.

Ademais, a Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra actuará o sábado 11 de xaneiro ás 20:00 horas na Excolexiata de Santa María de Baiona, onde presentará o seu traballo a prol da valorización, o respecto e a transmisión interxeracional tanto da música coma da tradición galega, e da procura da riqueza musical da gaita, da zanfona e da percusión. Por último, o domingo 12 María do Ceo chegará á Guarda, ás 20:00 horas na Igrexa de Santa María, co seu espectáculo de fado, no que une as múltiples influencias ao sentir portugués e o idioma galego, onde está afincada. Cunha sólida carreira internacional, foi recoñecida embaixadora da cultura galega no mundo e ten o fado sempre como inspiración.

O ciclo Entradiñas de Aninovo é unha actividade posta en marcha pola Deputación de Pontevedra por vez primeira este ano. Cun orzamento de 60.000 euros, sumouse este Nadal ás actividades programadas no Castelo de Soutomaior (visitas teatralizadas, un videomapping e sesións de contacontos) e no Museo de Pontevedra (exposicións temáticas, obradoiros infantís a actuacións musicais).

Relacionadas

Concerto de Nadal da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

0
A Deputación de Pontevedra programou unha serie de concertos de Nadal en concellos da provincia de Pontevedra que se desenvolveron nos meses de decembro...

Dá comezo a humanización da Praza Victoria Cadaval en Sabarís

0
A proposta para a humanización da Praza Victoria Cadaval en Baiona busca dar resposta ás necesidades dos veciños e transformar este espazo central do...

O Concello de Ponteareas entrega a tenda “Oriente 15”o primeiro premio do Concurso de...

0
• O segundo premio foi para a tenda “Mi Casa” e o terceiro premio para o comercio “Bamboo” O Concello de Ponteareas entregou os premios...

Pilar Palomero, Alauda Ruiz de Azúa, Iván Pellicer e Miguel Bernardeau pechan as previas...

0
‘Os escintileos’ e ‘Querer’ completan as películas e series nomeadas das previas celebradas en Pontevedra  desde outubro  Estes invitados súmanse aos xa anunciados Candela Peña,...

O VII Concurso de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo reunirá a máis de...

0
14 agrupacións do sur da provincia participarán no encontro organizado pola Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo co patrocinio da Xunta de...

Centos de veciños de Mos comezan a mobilizarse contra o novo trazado da A52

0
A primeira das reunións informativas celebrada onte no Multiusos e dirixida a Sanguiñeda encheu o auditorio con habitantes da parroquiaHoxe repetirase a xuntanza con...

Publicacións Relacionadas