Fillas de Cassandra sonará en Catoira, ás 22:30 horas; Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre en Soutomaior, ás 22:30 horas, e Leirabuxo en Fornelos de Montes, a partir das 21:30 horas
A Deputación de Pontevedra financia a través do programa “+Música” tres actuacións musicais este sábado noutros tantos concellos da provincia. Deste xeito, Fillas de Cassandra sonarán na avenida da Ponte de Catoira no marco da programación do VikingFest da Romaría Vikinga, a partir das 22:30 horas; Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre ás 21:30 horas no Torreiro da Feira do Dez de Candán, Soutomaior, e Leirabuxo na praia fluvial do Portovilán, en Fornelos de Montes, a partir das 21:30 horas dentro do XXIII Festival Folk no Río.
Fillas de Cassandra, integrado por MaríaSOA Sara Faro, presentan pezas do seu repertorio, que aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas inspiradas no canto de tradición oral con influenzas do pop, a electrónica e música clásica. Actualmente, atópanse presentando un novo espectáculo “Últimas Dionisíacas”, no que revisitan os éxitos do seu primeiroleirabux LP e van deixando entrever o seu novo traballo discográfico.
Pola súa banda, en Soutomaior o músico coruñés Xabier Díaz conclúe unha triloxía persoal en compañía das Adufeiras de Salitre co seu álbum “As Catedrais Silenciadas”, un traballo que culmina un proceso que comezou no ano 2015 e no que o elemento diferencial é o conxunto de mulleres vocalistas e percusionistas. As súas composicións, en moitos casos, parten do traballo de investigación, escoitando as cancións das mulleres no rural, e, doutra banda, dándolles o seu toque particular
Por último, Leirabuxo é un proxecto musical xurdido na comarca de Melide no 2010, froito da reunión de catro amigos amantes da música tradicional. Actualmente conta cunha formación de big band, na que instrumentos de ventos se mesturan con instrumentos máis senlleiros como a zanfona, a gaita ou percusións tradicionais, unha sonoridade pois que leva a agrupación a desenvolver un linguaxe propio bebendo dunha fonte totalmente acústica e tradicional.
Todas estes concertos enmárcase en +Música, a iniciativa coa que a institución provincial pon á disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un catálogo de artistas galegos e en galego co obxectivo de fomentar a cultura e lingua galega, así como impulsar a reputación da provincia de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. Trátanse de catro das 59 actuacións que se están a celebrar entre maio e setembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia: 5 en maio, 2 en xuño, 20 en xullo, 26 en agosto e 6 en setembro. “+Música” ten un orzamento de 600.000 euros, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos.