Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación reabre este xoves o punto de información turística do Mosteiro...

A Deputación reabre este xoves o punto de información turística do Mosteiro de Armenteira, en Meis

- Anuncio -

Os deputados provinciais Javier Tourís e Nava Castro visitaron a ‘Catedral do Salnés’ para anunciar o acordo ao que chegou a Deputación coa Arquidiocese de Santiago de Compostela

Os deputados provinciais Javier Tourís e Nava Castro anunciaron este martes no Mosteiro da Armenteira, en Meis, a inminente reapertura do punto de información turística que a Deputación de Pontevedra viña prestando nun dos emblemas turísticos da comarca do Salnés. Isto é posible despois de que a institución provincial subscribise un convenio coa Arquidiocese de Santiago de Compostela e mais coa Comunidade de Irmás Cistercienses do Mosteiro de Santa María de Armenteira, polo que se lle cede á Deputación un espazo de 12 m2 para a prestación deste servizo desde este mesmo xoves, 1 de agosto, ata o próximo 30 de setembro.

Desde xeito, a Deputación garante a prestación do servizo tanto para peregrinos como para o público xeral durante o período de maior afluencia de visitantes, co fin tanto de atender as demandas de información como para a realización de visitas guiadas á coñecida como a ‘Catedral do Salnés’. Ademais desta medida temporal, a institución provincial xa está a traballar actualmente tamén nunha solución a longo prazo, para o que se asinará un novo convenio no que ademais da Arquidiocese tamén estará involucrado o Concello de Meis.

Deste xeito, a partir do 1 de agosto o horario de atención do punto de información turística da Deputación no Mosteiro da Armenteira será o seguinte: de mércores a sábado de 10:30 a 13:30 en quenda de mañá e de 16:30 a 20:00 horas en quenda de tarde, e os domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas