HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación redobra a súa aposta polo emprego das TICS nas empresas,...

A Deputación redobra a súa aposta polo emprego das TICS nas empresas, pemes e persoas autónomas cun novo impulso á rede SmartPeme

- Anuncio -spot_img

O goberno aproba preto de 1,2 millóns de euros para novos servizos dun programa que en 2020 prestou 3.000 asesoramentos a máis de 500 empresas da provincia

O éxito que está a colleitar SmartPeme e a cada vez maior demanda de empresas, pemes e persoas autónomas da provincia para o uso das TIC ten resposta da Deputación de Pontevedra. O goberno deu luz verde á ampliación da prestación deste servizo polo que destinará preto de 1.2000.000 euros a “un proxecto co que a xente emprendedora da provincia pode usar as TICs para mellorar a súa actividade económica”, destacou a presidenta Carmela Silva.

A presidenta provincial confirmou que con esta nova aposta por achegar as novas tecnoloxías a rede SmartPeme verase renovada “coa ampliación da carteira de servizos da rede en 1.680 horas e a ampliación das actividades de capacitación e divulgación en outras 3.000 horas”. Carmela Silva informou tamén que debido a impacto do Hackathon realizado en xaneiro a Deputación de Pontevedra xa está a organizar unha nova convocatoria, “un evento online vinculado á dixitalización das entidades do Terceiro Sector, que van a tomar moito protagonismo xa que se vai a apostar pola economía circular, onde este sector xoga un papel moi importante”. Ademais porase en marcha unha ferramenta de formación online accesible 24 horas e 365 días ao ano para as persoas usuarias da rede SmartPeme, polo que, como apuntou a presidenta, “seguimos prestando un servizo fundamental para que a dixitalización e as TICs formen parte da actividade que realizan PEMES, autónomos e autónomas e persoas emprendedoras”.

2020, ano de “cifras extraordinarias”
O emprego das novas tecnoloxías estase a incrementar de xeito exponencial no día a día dos pontevedreses e pontevedresas de todas as idades, que ven como a realización súas tarefas ten que adaptarse ás esixencias dun mundo dixitalizado. A rede SmartPeme viu reflexada a necesidade de formación que precisa a poboación para afacerse aos tempos que veñen acadando unhas cifras “realmente extraordinarias” durante o ano pasado.

En concreto prestáronse 2.872 asesoramentos a máis de 500 empresas da provincia, o que supuxo un 26% máis de consultas que no período anterior, e organizáronse máis de 240 accións e eventos formativos aos que acudiron 5.051 persoas, un 131% máis de asistencia.

SmartPeme tamén tivo un “enorme protagonismo” durante o Estado de Alarma, que deu pulo a este programa da Deputación. Neste período realizáronse máis de 900 asesoramentos a 277 empresas da provincia e asistiron ás píldoras formativas online máis de 3.190 persoas. Ademais, lanzáronse tres novas carteiras específicas de servizos: unha específica para o comercio, outra dirixida a entidades do Terceiro Sector e unha terceira enfocada aos concellos.

Publicacións Relacionadas