A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, reuniuse coa alcaldesa de Marín e tamén deputada provincial, María Ramallo, e outros membros do goberno local para avanzar no proxecto de mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil na estrada provincial EP-0019 Figueirido-Marín que están redactando os técnicos provinciais.
Isabel Couselo asegurou que esta actuación, ademais da que se vai acometer na estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, trátase dunha das grandes prioridades para o Concello de Marín. O proxecto, no que se está a traballar, vai contemplar a creación dunha senda peonil así como a mellora da seguridade viaria desde o punto quilométrico 4+600 ao 5+700.