A deputada provincial Isabel Couselo acaba de participar na presentación da XXXVI Feira do Moble de Galicia na Estrada. Durante o acto, a deputada subliñou a importancia deste evento como “o maior escaparate dun sector no que o noso territorio, coa súa ampla extensión rural e forestal, ten moito que dicir”. Tamén relacionou a feira coa transformación da sociedade e coa innovación e convidou á veciñanza a asistir a este evento que se estenderá entre o xoves 19 e o domingo 22 de setembro. E felicitou á organización pola recuperación das xornadas técnicas de orientación laboral para a mocidade da Estrada.