Home O Salnés Meis A Deputación supervisa en Meis a senda peonil entre os núcleos de...

A Deputación supervisa en Meis a senda peonil entre os núcleos de Lantañón e Vilanoviña

- Anuncio -

A deputada provincial Isabel Couselo visitou as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, cun orzamento próximo aos 200.000 euros

A Deputación de Pontevedra acaba de rematar as obras de mellora da mobilidade peonil no último treito da EP-8004 Caldas-Vilanoviña ao seu paso polos núcleos de Lantañón e Vilanoviña, no Concello de Meis. A deputada provincial de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, visitou este xoves acompañada da alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, e doutros membros da corporación local, o remate dunhas obras que permitiron corrixir as deficiencias que presentaba esta infraestrutura provincial para garantir o tránsito peonil en condicións de seguridade.

As obras realizáronse nun treito de 400 metros cunha alta concentración de vivendas e permitiron dotar este espazo dun itinerario peonil coa construción dunha senda de 2,50 metros, ao nivel da calzada, para que os peóns non tivesen que realizar os seus tránsitos pola pequena beiravía coa que contaba a estrada antes da mellora, sen garantir a seguridade da circulación a pé ao non ser unha área reservada a este fin. Ademais, executouse unha nova rede soterrada de recollida de augas pluviais a longo de toda a zona de actuación, así como do alumeado público. Tamén se colocaron novas luminarias LED de alto rendemento e menor consumo enerxético.

A Deputación investiu nesta mesma vía un millón de euros, financiados integramente pola institución provincial, para mellorar o firme ao longo de todo o seu trazado, de máis de oito quilómetros e que comprende os concellos de Caldas de Reis, Meis, Portas e Vilanova de Arousa. No caso da actuación de Meis visitada esta mañá pola deputada Isabel Couselo, tamén foi financiada integramente pola institución provincial xa que a Deputación achegou o 80% (160.000 euros) e o 20% que correspondía ao Concello (40.000 euros) foi sufragado cos fondos do plan provincial de cooperación cos municipios.

Relacionadas

A Xunta lamenta que o Goberno non atendese as súas alegacións ao novo regulamento...

0
― José González remarcou a falta de sensibilidade do Executivo ante a postura defendida por Galicia en coordinación co terceiro sector, desbotando a figura...

Luis López fai balance dos investimentos da Deputación no sur da provincia: 23 M€...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada Nava Castro, inicia en Ponteareas unha rolda de encontros informativos comarcais para repasar os proxectos e programas postos...

O PP insta o alcalde a solucionar os problemas de asfaltado e iluminación na...

0
• Juncal: “Co horario de inverno, é case imposible adestrar con seguridade a partir das 18.00 horas pola falta de luz e porque o...

A Deputación proxecta este venres o filme “Matria” en Moraña no marco do Ciclo...

0
A película poderán verse este venres no Edificio Multiúsos ás 20:00 horas O ciclo, organizado pola institución provincial en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual,...

A Xunta desenvolve un proxecto piloto para instalar puntos de carga sostibles en centros...

0
— Ángeles Vázquez subliña que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático destinará 170.000 euros para financiar actividades e formación de persoal e...

Rafa Domínguez participa na reunión do Comité Organizador do Tríatlon Multideporte 2025

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este mércores na reunión do Comité Organizador do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que...

Publicacións Relacionadas