Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación ultima os días para visitar no Museo de Pontevedra a...

A Deputación ultima os días para visitar no Museo de Pontevedra a exposición ‘Acisclo en 66 obras’

- Anuncio -

A mostra reúne pezas de máis de seis décadas de traxectoria creativa do escultor ourensán

A Deputación clausura este domingo no Museo de Pontevedra a exposición ‘Acisclo en 66 obras’. Trátase dunha mostra composta por pezas representativas da evolución artística dun dos escultores galegos máis relevantes da segunda metade do século XX, percorrendo a súa traxectoria creativa desde o expresionismo figurativo dos seus inicios ata alcanzar case a abstracción.

A exposición, que abriu as súas portas o 13 de decembro, está composta por 66 pezas datadas entre 1959 e 2010. Proceden de museos de toda Galicia, como o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, o Museo Provincial de Lugo, o Museo Municipal de Ourense e o Museo Municipal de Vigo Quiñones de León, entidades como o Parlamento de Galicia, a Compañía de Radio Televisión de Galicia, a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao  e o Centro Cultural Marcos Valcárcel, fundacións como a Fundación Xaime Quessada Blanco e a Fundación Araguaney, así como galerías de arte e coleccións particulares.

Acisclo iniciou a súa carreira no Ourense dos anos sesenta, xunto a outros novos artistas da cidade baixo a influencia de Vicente Risco. El faláballes da figura de Castelao, da defensa da lingua e da cultura galegas, da loita pola liberdade e dos movementos de vangarda, e mesmo lles propuxo que interviñesen artisticamente en O Tucho, simulando o Cabaret Voltaire de Zúric, unha idea que levaron a cabo Acisclo, Xaime Quesada e José Luis de Dios coma homenaxe a Risco en 1963, uns meses despois da súa morte. Deste xeito naceu o grupo Volter, formado polos tres artistas coa intención de renovar a arte galega, defender o galeguismo e amosar o seu compromiso político cunha militante oposición ao franquismo.

Aí foise configurando o seu estilo, adscrito á neofiguración expresionista, que amosa o seu interese por resaltar de maneira especial os rostros e as mans, transmitindo profundas emocións a través do xesto. Busca conmover a e o espectador coa deformación corporal das figuras para expresar a soidade, a violencia ou a angustia, sentimentos humanos que en ocasións potencia furando a masa.

Desde os anos setenta, o barro, co que tivo contacto desde os seus inicios, é o material co que se sente máis a gusto e o que lle proporciona maior liberdade. Acisclo modela o barro galego e a arxila eivisenca, o primeiro con volumes arredondados e formas compactas, coma a paisaxe de Galicia; o segundo inspíralle torsos femininos que lle fan imaxinar os restos da arte grega. Desde 1986 a obra monumental ten unha presenza especial na súa produción.-

Relacionadas

A Xunta enxalza os traballos creativos realizados polas usuarias do Centro Ocupacional Exclavas de...

0
O Executivo galego financia con máis de 1,6 millóns de euros un total de 79 prazas de atención residencial e diúrna neste centro A directora...

Arrancan as obras de reconstrucción da rúa Fernández Areal para mellorar a mobilidade e...

0
O ámbito total de actuación será de 570 metros de lonxitude e unha superficie total de actuación de 3.700 m² A concellería de Vías e...

A Eurocidade Tui-Valença acolle a posta en escena da construción democrática de Portugal con...

0
O teatro tudense acolle esta gran montaxe do Teatro Nacional São João de Porto este venres ás 20 h Unha gran montaxe teatral é a...

Veciñanza, plataforma DefendeMos e corporación municipal de Mos presentes no debate pola nova A-52...

0
Preto de 200 veciños e veciñas de Mos, integrantes da plataforma DefendeMos, corporación municipal e a alcaldesa Nidia Arévalo, asistiron está mañá no Parlamento...

A Deputación presenta en Lalín os programas de Acción Comunitaria que deixarán 2,4 millóns...

0
O presidente provincial Luis López, xunto co deputado Javier Tourís, lembrou que o ano pasado beneficiáronse destes programas 14 colectivos veciñais e unha comunidade...

O BNG defende no Parlamento galego a súa alternativa á ampliación da autovía A-52...

0
A fronte nacionalista emenda a proposición popular para demandar do Goberno español a paralización do proxecto e executar as melloras pendentes na actual autovía Aposta...

Publicacións Relacionadas