Free Porn
xbporn
Home Vigo Nigrán A diversidade e o coidado da vida mariña triunfa en Nigrán

A diversidade e o coidado da vida mariña triunfa en Nigrán

- Anuncio -

Alfredo López e Soledad García forxaron un escenario de compromiso ambiental na praia de Panxón con máis de 200 nenas e nenos.

O Día Mundial das Baleas e Golfiños, organizado polo Concello de Nigrán en colaboración coa Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) e a escritora Soledad García destacou pola capacidade de sensibilizar sobre a importancia da conservación mariña e a diversidade.

O evento comezou ás 11 da mañá cun contacontos presentado pola escritora, que cautivou aos máis pequenos cunha historia real dun animal mariño, subliñando a necesidade de reducir o lixo nas praias e protexer a diversidade mariña. A través do seu relato, Soledad García logrou transmitir aos asistentes, tanto nenos como adultos, a urxencia de adoptar prácticas sostibles para garantir a saúde dos nosos océanos mentres aprendían os animais en lingua de signos.

Ás 11:30, o biólogo Alfredo López da CEMMA realizaba un simulacro de rescate de golfiños mariños varados. A actividade, seguida con gran interese polo público, proporcionou leccións prácticas sobre a importancia da rápida intervención e do coidado e características destes animais, destacando o impacto devastador que os residuos plásticos teñen nos océanos.

O evento foi un claro exemplo de accesibilidade e inclusión. A CEMMA e Soledad García lograron non só educar e entreter, senón tamén inspirar unha nova xeración de defensores do medio ambiente, demostrando o compromiso da comunidade coa conservación das nosas praias, dunas e ecosistemas mariños.

Relacionadas

A Deputación recibe a Héctor Abad Faciolince na antesala do encontro Pontevedra Literaria

0
A Deputación de Pontevedra recibiu este xoves a Héctor Abad Faciolince, un dos autores que encabezan o cartel do encontro Pontevedra Literaria. Xuventude e...

O concello de Nigrán ofrece o domingo o teatro inmersivo de pallasos en rebeldía...

0
Trátase dunha montaxe teatral plantexada como unha experiencia participativa que converte ao espectador nun refuxiado máis. A obra denuncia a traxedia que as políticas...

O BNG esixe unha actuación para acabar coa ‘Escombreira’ da parcela existente entre Progreso...

0
Os nacionalistas dan voz ás queixas de varios veciños e veciñas do casco urbán de Sanxenxo, que amosan a súa preocupación polo mal estado...

O alcalde de Nigrán supervisa en Mozambique os novos proxectos de cooperación doo Fondo...

0
Juan González acude en calidade de presidente desta entidade supramunicipal xunto a representantes de As Neves e Viveiro co obxectivo de definir as futuras...

A Deputación supervisa os traballos de execución de cunetas de seguridade na estrada provincial...

0
A deputada Isabel Couselo recorreu esta actuación de seguridade viaria que se está a desenvolver nesta estrada provincial ao abeiro no acordo marco de...

O BNG de Vigo pide explicacións ao Goberno municipal polo atraso nas axudas de...

0
Denuncian que despois de máis dun mes de finalizado o prazo de solicitude das becas nada se sabe sobre a súa xestión A fronte nacionalista...

Publicacións Relacionadas