HomeVigoNigránA Edición 2021 de Vive Nigrán segue aumentanto o seu cartel cunha...

A Edición 2021 de Vive Nigrán segue aumentanto o seu cartel cunha sesión Vibra Mahou a cargo de Shinova e Mounqup

- Anuncio -spot_img

A Sesión Vibra Mahou do festival Vive Nigrán, que inclúe os concertos de Shinova e Mounqup, terá lugar o sábado 17 de xullo en horario matinal a partir das 12.00 horas.

As entradas para a Sesión Vibra Mahou XA están á venda.

Os vascos Shinova chegarán a Vive Nigrán da man de Vibra Mahou o 17 de xullo nun concerto enmarcado na Sesión Vibra Mahou, na que participará tamén a artista franco-galega Mounqup nunha actuación vinculada á colaboración establecida entre a cervexeira, a Fundación Paideia Galiza e a Escola de Organización Industrial (EOI) co obxectivo de impulsar o emprendemento entre o talento musical emerxente.

Con estas últimas confirmacións a organización do festival suma novos artistas á edición 2021 de Vive Nigrán, que se celebrará do xoves 15 de xullo ao sábado 17 de xullo no campo de fútbol de Monte Lourido, situado a escaso metros de Praia América.

A Sesión Vibra Mahou de Vive Nigrán, un encontro impulsado porla plataforma musical de Mahou Cinco @Estrella na súa aposta por achegar ás persoas a través da música e reivindicar os encuentrossociales seguros como algo esencial para vivir mellor, abrirá as súas portas ás 12.00 horas e comezará coa actuación de Mounqup, á que seguirá, a continuación, a banda biscaíña.

As entradas xa están dispoñibles a través da web do Festival e de Ataquilla. com.
Os que xa teñan a súa entrada comprada para algúns dos días do FESTIVAL poderán beneficiarse e asistir a esta sesión a través da compra dun suplemento.
ENTRADA DE DÍA VIVE NIGRÁN: SUPLEMENTO DE 4 € + GASTOS
ABONO VIVE NIGRAN: SESIÓN VIBRA MAHOU INCLUÍDA, PREVIA CONFIRMACIÓN DE ASISTENCIA A través de ATAQUILLA. COM

ENTRADA INDIVIDUAL SESIÓN VIBRA MAHOU: 8 € + GASTOS
ENTRADA DOBRE SESION VIBRA MAHOU: 16 € + GASTOS

Publicacións Relacionadas