Home O Condado Mondariz A entidade local menor de Vilasobroso pagará ao concello de Mondariz 4.831...

A entidade local menor de Vilasobroso pagará ao concello de Mondariz 4.831 euros menos en concepto de licenza de obras

- Anuncio -

O Concello de Mondariz reclamáballe 9.663,50 euros pola concesión da licenza de obra da antiga Escola de Valiño

O pasado 27.07.2022 a Entidade Local Menor de Vilasobroso rexistrou ante o Concello de Mondariz o proxecto de “Reforma, modernización e adecuación do edificio da Escola de Vilasobroso”.

Na liquidación provisional do ICIO que inclúe a resolución do Concello de Mondariz non se recollía ningún tipo de bonificación, cando o proxecto que se está a executar reúne os requisitos de interese social e cultural ás que se refire o art. 7.1 da ordenanza municipal que regula o ICIO (BOP nº 247 do 28.12.2006). Esta ordenanza fiscal establece que:
“Desfrutarán dunha bonificación de ata o 50 % da cota do Imposto as construcións, instalacións e obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ó Pleno da Corporación, previa solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros, nos termos en condicións previstas no artigo 104.2 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.”

É por isto que, tanto a ELM de Vilasobroso coma AporM solicitamos ante o Pleno da Corporación Municipal que o Pleno do Concello de Mondariz bonificase co 50% da cota do ICIO a liquidación provisional deste imposto municipal para este proxecto da ELM de Vilasobroso, dado que nela concorren os requisitos fixados polo art. 7.1 da ordenanza municipal que regula o imposto de construcións, instalacións e obras. Este aforro vaille permitir investir a entidade en melloras na obra que está a realizar na escola de Valiño.

Esta iniciativa foi aprobada por unanimidade dos membros da corporación, o que suporá que a ELM de Vilasobroso aforrará 4.831 € en impostos por esta obra.

Aumento da bonificación
A segunda proposta de acordo presentada polo noso grupo pretendía iniciar os trámites necesarios para modificar a ordenanza municipal do ICIO de forma que contemple a posibilidade de bonificar o 95% do imposto que prevé a Lei Reguladora das Facendas Locais (art. 103.2.a) nas obras de interese social, cultural, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que se tramiten no noso termo municipal. Esta modificación da ordenanza permitiría pasar do 50% o 95% da bonificación, polo tanto as entidades sociais: asociacións culturais, traídas de auga… podería facer un mellor aproveitamento deses recursos económicos en beneficio dos veciños, temos que ter en conta que en moitos casos estas entidades suplen as carencias do Concello. Esta proposta foi rexeitada polo grupo de goberno formada polo BNGPSOE, co apoio de Ciudadanos e do seu socio de investidura, o PP.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas