HomeBaixo MiñoA GuardaA Escola Infantil Municipal da Guarda abre o luns unha convocatoria extraordinaria 

A Escola Infantil Municipal da Guarda abre o luns unha convocatoria extraordinaria 

- Anuncio -spot_img
  • A maioría das prazas son para xornada completa

A Escola Infantil Municipal da Guarda abre o próximo día 6 de outubro de 2025 un proceso EXTRAORDINARIO para cubrir as seguintes prazas:

  • Aula de 0-1 anos: 5 prazas a xornada completa
  • Aula de 1-2 anos: 2 prazas a xornada completa e 1 praza de xornada de tarde
  • Aula de 2-3 anos: 7 prazas a xornada completa

A Escola Infantil Municipal axuda ás familias guardesas na conciliación familiar, sobre todo nos primeiros anos dos fillos e fillas, antes do comezo da súa etapa escolar. Os pais/nais ou titores dos nenos/as interesados deberán presentar a solicitude do 6 ao 10 de outubro.

Para maior información dirixirse o Departamento de servizos sociais do concello da Guarda en horario de 9:00 a 14:00 h.

Publicacións Relacionadas