Home Tabeirós A Estrada A Estrada celebrará o Día das Letras Galegas coa gaiteira Susana Seivane...

A Estrada celebrará o Día das Letras Galegas coa gaiteira Susana Seivane como pregoeira

- Anuncio -

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, anunciou esta mañá que a gaiteira Susana Seivane será a encargada de dar o pregón, dentro dos actos sobre os que xirará a celebración do Día das Letras Galegas na Estrada os días 16 e 17 de maio.

As actividades comezarán o luns 16 de maio ás 20.30 horas no Teatro Principal, coa representación de balde “Tras os vieiros de Florencio”, da compañía Fantoches Baj, que amosará a traxectoria persoal e a obra do autor homenaxeado este ano, Florencio Delgado Gurriarán.

O martes 17 de maio, ás 12.00 horas na alameda municipal, terá lugar o tradicional acto institucional coa lectura do pregón a cargo da gaiteira Susana Seivane e a ofrenda floral diante do monumento dos irmáns Valladares, na que participará o alcalde da Estrada,
José López. Alí mesmo, a continuación, haberá unha actuación musical da Banda de
Gaitas de Barbude.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas