Home Tabeirós A Estrada A Estrada contará con 325 prazas dentro do programa de Vacacións para...

A Estrada contará con 325 prazas dentro do programa de Vacacións para Maiores do Imserso

- Anuncio -

o Co fin de axilizar o procedemento, o Departamento de Servizos Sociais citará vía telefónica aos participantes para esoller destino por orde de entrada das súas solicitudes

O Departamento de Servizos Sociais, que dirixe Amalia Goldar, vén de facer públicas as 325 prazas das que se poderán beneficiar os/as estradenses inscritos no programa de Vacacións para Maiores do Imserso, co que colabora o Concello da Estrada, durante a tempada 2022/2023.

A edil de Benestar Social, Amalia Goldar, explicou que esta cifra “supón un aumento considerable con respecto ao ano anterior debido a que tamén se incrementou o número de solicitudes, cun total de 326”. Neste senso, engadiu que “aínda que se concedeu unha praza de menos”, todos/as os/as participantes que desexen viaxar terán garantida a súa, xa que “á hora de escoller destinos sempre hai renuncias”.

Co fin de axilizar o procedemento para a elección de destino, que deberá estar rematado antes do vindeiro 3 de outubro, o persoal do Departamento de Servizos Sociais do Concello porase en contacto vía telefónica con cada solicitante seguindo a orde de de entrada no Rexistro e serán citados no concello para recoller a carta informativa coa oferta de destinos, datas e prezos, para que realicen as súas reservas.

Os maiores do municipio poderán viaxar durante a tempada 2022/2023 a Fuengirola, Peñíscola, Tenerife, Gandía, Mallorca, Tarragona, Valladolid, Almería, Mallorca, Salou e Gran Canaria. Peñíscola, con 51 prazas; Fuengirola, con 50; e Almería, con 44; son os destinos que concentran unha maior cantidade de prazas. En canto aos prezos con subvención, sitúanse entre os 212,96 euros e os 405,53 euros.

Relacionadas

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Máis de 650 escolares asisten este venres ao XV Tui Le no Teatro Municipal

0
É unha xornada de animación á lectura organizada pola Biblioteca Municipal e as bibliotecas escolares Este venres, 19 de abril, celébrase, no Teatro Municipal de...

A xestión do concello permite ao comedor escolar da Lama beneficiarse do programa “Come...

0
Concello, Xunta e CEIP da Lama colaboran para achegar ao alumnado unha dieta san a base de produtos galegos de calidade, proximidade e con...

As elaboracións do Obradoiro de Emprego de Pesca serán doadas ao Comedor Social

0
A concelleira de Promoción Económica, Beatriz Rodríguez, visitou recentemente as prácticas de fileteado de peixe que se están a desenvolver no Espazo Emprendedor  A pasada...

O Concello licitará 8 postos nas Prazas de Abastos de Marín e Seixo

0
A Xunta de Goberno Local deu luz verde aos pregos que rexerán o concurso público. Son 4 postos en cada un dos mercados, destinados...

Publicacións Relacionadas