A Concellaría de Deportes, que dirixe Ismael Pena, vén de facer públicos os cursos de natación de verán para este 2022, que ofertará en colaboración co Clube de Natación e Salvamento (CNS) A Estrada e terán lugar nas piscinas municipais durante os meses de xullo e agosto.
Os cursos desenvolveranse de martes a venres en horario de mañá, e os/as participantes dividiranse en grupos, para o que se terá en conta a súa idade e mais o seu nivel. O prezo da inscrición será de 30 euros por alumno e mes, cun desconto do 30% para o segundo membro da unidade familiar que se apunte e sen custo ningún a partires do terceiro.
O prazo para inscribirse comezará o luns 13 de xuño e manterase aberto ata o martes 28 de xuño. Unha vez pechado o prazo clasificaranse as persoas inscritas por grupo de nivel e horario. Aquelas persoas interesadas en participar poderán anotarse por correo a través do enderezo cnsaestrada@gmail.com ou de xeito telefónico, chamando ao número 654 656 250.