Home Tabeirós A Estrada A Estrada recupera a súa Feira da Xuventude os días 24 e...

A Estrada recupera a súa Feira da Xuventude os días 24 e 25 coa participación de 53 colectivos

- Anuncio -

o O evento terá entrada gratuíta, ofrecerá 60 actividades e contará con observadores que captarán novos talentos

o Como novidade, o sábado 24 haberá concertos na Zona dos Viños coas agrupacións GoldenWolves, Latexo Percusión, Overlook237 e Gbriek

o O edil de Cultura, Juan Constenla, destacou o compromiso do Concello “con iniciativas coma esta, que potencien o talento e brinden oportunidades de futuro para a nosa mocidade”

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, presentou hoxe a segunda edición da Feira da Xuventude, que se celebrará no pavillón Manuel Coto Ferreiro os días 24 e 25 de setembro despois de dous anos de parón pola pandemia e contará coa participación de 53 colectivos e emprendedores.

Na presentación do evento, o edil de Cultura estivo acompañado dos directivos da Asociación Recreativa, Cultural e Educativa Ocionautas Annie Sánchez e Alonso de la Cantera; e da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cris Pichel. Na súa intervención, Constenla agradeceu o labor da Asociación Recreativa, Cultural e Educativa Ocionautas, organizadora do evento, e mais da Xunta de Galicia, colaboradora xunto co Concello da Estrada. “As administracións públicas debemos amosar o noso compromiso con iniciativas coma esta, que potencien o talento e brinden oportunidades de futuro para a nosa mocidade”, asegurou o edil, e engadiu que “debemos aproveitar este escaparate con ideas revolucionarias en sectores como a artesanía, a tecnoloxía, a ciencia, a cultura ou o deporte para que sigan crecendo e creando”.

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, Cristina Pichel, asegurou que a feira “é unha boa oportunidade para a mocidade da contorna para coñecerse, aprender e intercambiar contactos para que poidan xurdir novos proxectos froito destas alianzas”. Neste senso, a secretaria de Ocionautas, Annie Sánchez, agradeceu o apoio das administracións “para materializar este proxecto, creado coa intención de que tanto emprendedores como colectivos creen sinerxías”.

Durante os días nos que se celebre a feira, o pavillón Manuel Coto Ferreiro estará aberto de 11.00 a 20.00 horas, a entrada será de balde e desenvolveranse 60 actividades protagonizadas polos colectivos e emprendedores. Os/as participantes, procedentes da Estrada e doutras 16 localidades galegas, beneficiaranse de espazo expositivo de balde, axudas para o desprazamento, dietas e zona de acampada. Ademais, o evento contará con profesionais baixo a figura de “coaches”, que avaliarán e asesorarán aos colectivos participantes; e con observadores de empresas de recoñecido prestixio co obxectivo de captar novos talentos entre os asistentes.

As actividades enmarcadas nesta segunda edición da Feira da Xuventude darán comezo o sábado 24 de setembro ás 12.00 horas, con exhibicións de xogos de mesa e charlas sobre o movemento LGBT+ ou sobre cómo emprender no mundo da arte. Ás 13.00 horas, a asociación Pegadas Culturais realizará unha mostra das súas actividades; celebraranse varias probas de jugger para dar a coñecer este deporte; e haberá unha charla sobre a Asociación Entropía. Ás 15.00 horas, haberá dous obradoiros de iniciación no airsoft e de introducción á creación de personaxes. Ás 16.00 horas, actuará o grupo de teatro Cajón de Sastre; a asociación xuvenil Arousa Moza realizará un concurso; Latexo Percusión ofrecerá un obradoiro gratuíto de percusión afrobrasileira; haberá unha demostración de “highline”; e o grupo de fútbol americano Blackravens ofrecerá unha charla informativa.

Ás 17.00 horas, a asociación UVigo Motorsport explicará cómo se fabrica un vehículo; Magic Stride achegará aos participantes o xogo de cartas Magic The Gathering; e a asociación Slackline Na Ría abordará as modalidades e os beneficios da práctica do slackline. Ás 18.00 horas haberá obradoiros de creación de xogos de mesa e de iniciación ao slackline e, ás 19.00 horas, a asociación Izel presentará o seu proxecto internacional de skateboarding solidario.

Á noite, a partir das 22.00 horas, están programados varios concertos na Zona dos Viños protagonizados polas seguintes agrupacións: GoldenWolves, Latexo Percusión, Overlook237 e Gbriek.

A xornada do domingo 25 comezará ás 11.00 horas coa representación dramática da escritora Paula Cascallar. Ás 12.00 horas, o autor Efrén presentará os seus libros; Explicit Prods ofrecerán un obradoiro de edición de imaxes; e a asociación Rotting Pizza celebrará un concurso de pintar miniaturas. Ás 13.00 horas haberá varias charlas sobre obras pictóricas, deportes de montaña e a participación social. Ás 15.00 horas, XenTD100cia ofrecerá a charla “Son demasiado pequenos, a verdade da ciencia na infancia”; Gbriek ensinará a producir música a nivel profesional; e Delta Operators realizarán entrenamentos de airsoft. Ás 15.30 horas comezará o encontro amistoso de roller derby entre o Irmandiñas, Jabatas e Negra Sombra. Ás 16.00 horas, UVigo Aerotech explicará cómo se fabrica un avión e a asociación Blackwater ofrecerá un obradoiro de iniciación
ao airsoft. Ás 17.00 horas, Yumivigo realizará un obradoiro de iniciación ao cosplay e á caracterización; Blackravens levarán a cabo unha exhibición de fútbol americano; e Jugger Galicia ofrecerá unha charla sobre este deporte. Finalmente, ás 18.00 horas rematarán as actividades coa charla sobre quidditch de Quidditch Galicia e mais coa charla de Javier Cabalar sobre adestramento canino.

Relacionadas

O concello inagura as mostras do concurso ‘Talento Xove’ cunha exposición no Museo Municipal

0
• Máis de 300 mozos e mozas participaron neste certame multidisciplinar• Os premios, outorgados por un xurado profesional, entregaranse o próximo 18 de maio O...

Tomiño comezou a renovación de 2.000 luminarias públicas que suporán un aforro enerxético do...

0
O Concello investirá case un millón de euros nesta iniciativa, que forma parte dos proxectos financiados con fondos europeos que permitirán seguir transformando o...

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese con responsables da Asociación de Produtores...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza con responsables da Asociación de Produtores e Distribuidores de Enerxía de...

O PP négase a informar ao Parlamento sobre un novo concerto co Ribera-Povisa e...

0
Montserrat Prado denuncia a “total opacidade” do Goberno galego sobre o conxunto de recursos públicos que recibe este centro privado de Vigo O PP vetou...

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

0
Comezan esta fin de semana cunha Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de...

Soutomaior intensifica a limpeza de camiños e estradas nos barrios do concello

0
O concello de Soutomaior avanza na limpeza de camiños e beirarrúas do concello. Nas vindeiras semanas uniranse 9 operarios máis a este operativo que...

Publicacións Relacionadas