Home Tabeirós A Estrada A Estrada ten moito que ver, o problema é que está agochado...

A Estrada ten moito que ver, o problema é que está agochado e abandonado

- Anuncio -

As nosas propostas para o turismo están centradas na posta en valor do noso patrimonio, tanto natural como arquitectónico, e na dinamización a través das redes sociais

Desde o BNG somos conscientes de que A Estrada e a súa comarca teñen que aspirar a se converter nunha referencia turística para milleiros de visitantes que ademais dunhas condicións atraentes e satisfactorias no eido do aloxamento e dos servizos públicos, atopen no territorio do noso concello as infraestruturas públicas que lles faciliten e motiven o coñecemento e desfrute sostíbel dos innumerábeis recursos turísticos que A Estrada garda por todo o seu territorio. O turismo pode converterse no noso concello nun dos motores de dinamización económica e de promoción e difusión do noso patrimonio cultural.

Estamos a falar dun importante patrimonio artístico e paisaxístico, así como dun rico e variado patrimonio cultural, etnográfico e histórico, que unidos a unha importante oferta de tradición gastronómica fan que A Estrada poida atopar no turismo unha importante fonte de riqueza, se se promoven desde o poder municipal accións políticas que poñan en valor e fagan visíbel todo este potencial. Accións políticas que xa o BNG empezou a pór en marcha cando tivo responsabilidades de goberno entre 2007 e 2011.

Cómpre desde o goberno converter todo este patrimonio en produtos turísticos atraentes, que sexan debidamente publicitados, promocionados e axudados na súa comercialización. Así por exemplo, faremos unha defensa activa do noso patrimonio como é a Torre e o Pazo de Guimarei, rescatándoa do seu abandono, así como da Rapa das Bestas, a lagoa Sacra de Olives, e por suposto, a posta en valor de Castro Valente, impedindo que quede sepultado polo proxecto de parque eólico. A Estrada ten moito que ver, o problema é que está agochado e abandonado.

É fundamental continuar co traballo que iniciara o BNG no goberno, de recuperación e posta en valor do patrimonio rural, tanto material (fontes, lavadoiros, muíños, castros, camiños reais, inmóbeis que fixeron historia no eido industrial e social…) como inmaterial (historia, tradición oral, música, artesanía, gastronomía, tradicións etc.)

Mais tampouco queremos esquecer a posta en valor dos “postos” salmoneiros dos coutos estradenses de Ximonde, Xirimbao e Sinde, facendo que tanto veciñas como veciñas, así como visitantes, non vivan de costas o noso río, o Ulla.

Relacionadas

Xa se atopan traballando os 11 novos operarios que reforzan o servizo de limpeza...

0
-          O Concello contratou a unha empresa e traballadores de reforzo grazas a unha axuda provincial de máis de 270.000 euros -          Alcaldesa e concelleiros de Medio...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

O Teatro espontáneo levanta o pano esta tarde o Mercado

0
A actividade está promovida pola Concellaría de Benestar Social e a asociación Inzar. É de acceso libre. É un obradoiro mensual, de dúas sesións...

XXXVII Festa do Choco de Redondela

0
A XXXVII Festa do Choco celebrarase en Redondela do 10 ao 12 de maio. Na presentación do evento, declarado de Interese Turístico de Galicia,...

Arranca o curso de Operacións Básicas de Almacenaxe e Reposición de Mercadorías en Salceda...

0
A formación, impartida pola Fundación Érguete-Integración en colaboración co Concello de Salceda, inclúese no programa Emprego Inclusivo, financiado pola Deputación de PontevedraEste mediodía tivo...

Os comerciantes do Porriño celebran con premioa o Día da Nai

0
• Dende hoxe, 25 de abril, ata o vindeiro 5 de maio lanzan unha divertida acción para que a veciñanza participe e entre no...

Publicacións Relacionadas