Home Pontevedra Baixo Miño A Eurocidade Tui-Valença contará cunha estratexia con horizonte 2030

A Eurocidade Tui-Valença contará cunha estratexia con horizonte 2030

- Anuncio -

Até o 7 de febreiro está activa unha enquisa cidadá para que os residentes en ambos municipios poidan contribuír ao seu deseño

O Concello de Tui, en colaboración coa Cámara Municipal de Valença, lidera os traballos para o deseño da “Estratexia e Plan de acción 2030” para a Eurocidade Tui-Valença. A iniciativa englóbase no marco do proxecto europeo UNICIDADE que busca afianzar os procesos de cooperación entre axentes das administracións públicas de ambos os municipios. Este proxecto foi aprobado con cargo ao programa de cooperación Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 e é cofinanciado nun 75% por fondos europeos. Así, co deseño desta estratexia búscase organizar, integrar e coordinar as dinámicas de cooperación existentes no territorio, identificando medidas concretas e instrumentos innovadores para a articulación e o desenvolvemento do espazo fronteirizo e que, ao mesmo tempo, constitúan un elemento de fortalecemento e de afirmación identitaria para a Eurocidade.

A elaboración da estratexia partirá dun importante proceso participativo para dar voz aos axentes do territorio. Por unha banda, crearase un grupo de traballo que reflicta de maneira representativa a ambos os municipios e os seus actores, dando cabida ás respectivas administracións, aos distintos sectores económicos e aos principais colectivos sociais. De xeito complementario, realizaranse tamén mesas temáticas e entrevistas individuais cos devanditos actores.

Por outra banda, ponse a disposición da poboación unha enquisa cidadá, até o luns 7 de febreiro, para coñecer as súas opinións, suxestións e comentarios. Esta enquisa realizarase de maneira presencial en puntos crave de ambos os municipios, e tamén está dispoñible para ser cumprimentada en formato dixital a través dos apartados de Eurocidade que se atopan en nas webs municipais (www.tui.gal e www.cm-valenca.pt) e nas súas redes sociais.

Espérase, pois, que a través do diagnóstico do territorio por 6 áreas temáticas – urbanismo, gobernanza transfronteiriza e xestión conxunta de servizos básicos, desenvolvemento económico e innovación territorial, medio ambiente e enerxía, reto demográfico e benestar social, e dixitalización – poida definirse a visión, liñas de actuación, medios de financiamento e mecanismos de seguimento/avaliación da Estratexia Eurocidade 2030. Unha estratexia que, en definitiva, permitirá pór o foco nos desafíos aos que se enfrontan ambos os municipios -especialmente tras a crise do COVID-19- para deseñar de xeito participado accións que fortalezan a cooperación fronteiriza e permitan o desenvolvemento socioeconómico de Tui e Valença.

A publicación de resultados do proxecto, prevista para marzo deste ano, realizarase nos apartados de Eurocidade de cada web municipal. Así mesmo, celebraranse dous actos públicos – un en cada municipio – para dar difusión á Estratexia e Plan de Acción Eurocidade 2030.

Relacionadas

Luis López destaca a aposta da Deputación pola mocidade e o apoio aos concellos...

0
O presidente da Deputación, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, presenta o programa pioneiro “O teu espazo xuvenil” nun acto con alcaldes, concelleiros...

O Concello de Tui destina 10.000€ para as e os deportistas tudenses que participen...

0
O prazo de solicitude está aberto até o 15 de outubro Até o 15 de outubro está aberto o prazo para solicitar as bolsas a...

O Concello convocará 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán

0
O prazo para a inscrición abrirá o 2 de maio e serán entre xullo e agosto, no Sequelo, na Casa de Cultura de Mogor...

Luis López recibe no Pazo Provincial ao alumnado de terceiro e cuarto de Primaria...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este luns aos alumnos e alumnas de terceira e cuarto de Educación Primaria do CEIP...

O crítico literario e investigador Armando Requeixo estará en Mondariz para afondar na figura...

0
O Concello de Mondariz recibirá ao crítico literario, investigador en Humanidades e profesor Armando Requeixo este venres día 26 no marco do programa “Abril...

A Deputación de Pontevedra envía ao Concello de Vigo o convenio que compromete preto...

0
O presidente Luis López informou hoxe que a institución provincial “está lista para asinar canto antes o convenio de colaboración e escenificar o entendemento...

Publicacións Relacionadas