HomePontevedraCaldasA execución da mellora integral do Campo da Torre reafirma o compromiso...

A execución da mellora integral do Campo da Torre reafirma o compromiso do Goberno Local de Caldas de Reis en afianzar “un modelo máis accesible, atractivo e próximo ás persoas”

- Anuncio -spot_img

O alcalde, Jacobo Pérez, asinou este martes o convenio coa Deputación de Pontevedra para o investimento de máis de 800.000 euros nesta obra, dos cales 210.000 serán asumidos pola propia Administración local

Pérez Gulín incide en que “seguimos traballando no compromiso que adquirimos para transformar e revitalizar o casco urbano”

O alcalde de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, vén de asinar este martes o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra que permitirá facer realidade un dos proxectos máis ambiciosos impulsados polo o Goberno local, como é a rehabilitación integral do Campo da Torre. Pérez Gulín rubricou o documento acompañado do presidente da institución provincial, Luís López, que certifica un investimento que ascende a 840.000 euros para a realización da obra. O Concello achegará un total de 210.000 euros, a través do Remanente de Tesourería correspondente ao ano 2024, mentres que a Deputación asume os 630.000 euros restantes. A actuación contempla unha mellora integral da mobilidade, outorgando un maior protagonismo ao tránsito peonil, ademais de garantir a accesibilidade e a renovación de servizos, ao tempo que se pon en valor un enclave chave para o municipio, toda vez que o Campo da Torre está directamente relacionado co Camiño Portugués e co río Bermaña e conta cun alto valor patrimonial e natural.

Jacobo Pérez destacou a posta en marcha dunha obra que “é un novo paso no nosos compromiso para transformar e revitalizar o casco urbano. Seguimos a traballar na construción do Caldas de Reis de futuro, tendo moi en conta as necesidades do presente”. O alcalde da vila termal salientou a importancia de que o Concello conte cunha boa saúde financieira, o que lle permite afrontar investimentos tan importantes coma este e que se traducen un proxecto “ambicioso e necesario, co que reafirmarmos a nosa aposta por consolidar un incidiu na importancia de traballar man a man con outras administracións para dar resposta ás necesidades da veciñanza.

Cómpre lembrar que a actuación afectará a unha extensión de máis de 2.500 metros cadrados. O pasado luns deron comezo os traballos de sondaxes arqueolóxicas previas. A área de actuación inclúe o espazo completo do Campo da Torre, ata a intersección coa rúa Fermín Mosquera así como a contorna da Fonte e da Ponte Bermaña. Tamén se prevé actuar no tramo da rúa Fernández García Díaz, máis próxima ao río Bermaña. O propio alcalde deu conta dos detalles da obra á veciñanza da zona, nun encontro mantido a pasada semana.

Publicacións Relacionadas