A Alameda Carabela Pinta acolle unha exposición ao aire libre de Abanca e Afundación, “Viaxando” con obras de distintos artistas galegos nas que se recrean distintos lugares e paisaxes de ámbito nacional e internacional.
Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta mañá, asistiron o alcalde do Concello de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; o concelleira de Cultura Policarpo Vilar Misa; a coordinadora da área de Cultura de Afundación, Carmen Pérez Larrán, e o director da oficina ABANCA de Baiona, Francisco Javier Rodríguez.Esta exposición de rúa poderase visitar ata o próximo 6 de agost
O alcalde destacou a importancia de achegar a arte e a cultura á rúa e elixir un espazo polo pasan miles de persoas ao día. Todas as pezas seleccionadas convidan a facer unha viaxe, unhas por Galicia e outras ao redor do mundo: Siena, O Cairo, A Habana, Chicago, a Antártida, a India ou Tokyo a través da obra de importantes nomees da arte como Villaamil, Sotomayor, Carlos Sobrino, Freixanes, Pamen Pereira ou Berta Cáccamo, entre outros. A cronoloxía das pezas abarca desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.
Co obxectivo de mostrar as coleccións de arte de Abanca e Afundación fóra das súas sedes, Afundación deseñou unha exposición de rúa que permite encher as prazas de diferentes localidades galegas coa creación dalgún dos artistas galegos máis interesantes dos últimos douscentos anos. Obras que poden enmarcarse no impresionismo, o rexionalismo, romanticismo ou naturalismo, pero tamén novos linguaxes contemporáneas que mesturan a colaxe, o grafiti, a fotografía ou mesmo o fume con trazos de factura moi persoal.
O concepto do proxecto, a viaxe, sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un modo de descubrir novos rumbos para a produción artística, pero tamén é unha experiencia enriquecedora para todos os viaxeiros. Por iso a exposición convida a facer unha viaxe, a deixar voar a imaxinación para percorrer as rúas, os campos, respirar as atmosferas e as sensacións que evoca cada imaxe.