HomePontevedraA falta de valentía política do PP e AER tumban unha ordenanza...

A falta de valentía política do PP e AER tumban unha ordenanza de emerxencia social histórica en Redondela

- Anuncio -spot_img

PP e AER deixan a Redondela sen melloras á ordenanza de emerxencia social

Digna Rivas denuncia a postura dun “PP que xa está en modo eleccións votando en contra de calquera iniciativa independentemente de se esta beneficia ou non á cidadanía, iso para eles é secundario”.

Durante o pleno do Concello de Redondela do mes de outubro levouse á votación a actualización da Ordenanza de Emerxencia Social que “desgraciadamente foi tumbada polo Partido Popular e a Agrupación de Electores de Redondela”, declara a alcadesa Digna Rivas.
“O Bloque Nacionalista Galego e o Partido Socialista de Redondela traballamos conxuntamente para presentar a mellor ordenanza de emerxencia social para Redondela dende fai más dunha década. Quero agradecer o esforzo, tesón e o apoio do BNG. Non vou parar ata conseguir que esta ordenanza se aprobe, porque é imprescindible para o benestar das persoas do municipio”, expón Rivas.

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, cualificou hoxe de “absolutamente irresponsable” a postura do PP redondelán que onte, cos seus votos en contra, impediu a aprobación “da mellor ordenanza de emerxencia social da historia de Redondela”. “No seu afán por desgastar a este Goberno –engade a rexedora local– os populares votaron en contra de eliminar as barreiras burocráticas que impedían gastar o 100% do presuposo adicado a esta ordenanza. Dende o 2012, xa gobernando o PP hai presupuestados 80.000 euros, dos que se gastaban 13.000. Menos da cuarta parte dispoñible ”.

Entre as melloras atópase a necesidade de minimizar o tempo de resposta ante situacións de emerxencia, “pasando de responder nunha media de 6 meses a responder en 30 días aquelas demandas que entren por vía ordinaria e asegurar que se solucionen aquelas que entren pola vía de emerxencia en menos de 72 horas. Un avance totalmente factible que sabemos que é viable realizar e que é impresindible”, explica Digna Rivas.
A actualización que o xoves se levaba a pleno buscaba, segundo manifestara a alcaldesa en reiteradas ocasións, “prestar especial atención ás persoas en situación de vulnerabilidade que precisan da axuda pública para poder seguir desenvolvendo a súa vida de xeito digno no momento de crise ao que nos enfrontamos. Dende que entramos no goberno, o PP votou en contra do 90% das propostas presentadas polo goberno socialista, esta é a dinámica da política destructiva que levan dende o comezo deste mandato. Nesta última votación demostraron que a súa prioridade non é o benestar das persoas de Redondela e moito menos aquelas en situación de desamparo”, explica Rivas.

Durante o pleno de maio presentánronse os orzamentos de 2022 e o Partido Popular seguindo a súa línea votou en contra, impedindo a potenciación de servizos como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) que nas contas presentadas, “pasaban dos 550.000 euros do orzamento do PP do 2018 aos máis de 1.300.000 euros que destinamos en 2022”.
Os pliegos de contratación de limpieza de edificios presentáronse a pleno en xuño de 2021 e, de novo, o PP votou en contra nun intento de “boicotear o goberno socialista, pero sobre todo perxudicando as persoas de Redondela. Esta votación probocou que o concello quedara sen contrato de limpeza e tendo que buscar solucións alternativas a través da xunta de goberno”, engade Rivas.

Para a alcaldesa redondelá, o PP “xa está en modo eleccións” votando en contra de calquera iniciativa do Goberno socialista “independentemente se esta beneficia ou non á cidadanía, iso para eles é secundario”.
“As ansias dos populares de votar en contra a calquera proposta deste Goberno –engade Digna Rivas– failles incluso caer en ridículas contradicións ao afirmar que esta ordenanza foi elaborada con presa e sen consultar coas técnicas de servizos sociais, cando levamos anos traballando de forma consensuada 3 unidades de traballo e hai un informe que as respalda”.
“Esta é unha ordenanza que se axusta a realidade actual das persoas axilizando o proceso e eliminando trabas burocráticas innecesarias. Unhas melloras que están establecidas noutros concellos veciños, como é o caso de Pontevedra que leva máis de 15 anos traballando deste xeito e priorizando as persoas en situación de desamparo. Polo tanto sabemos que esta ordenanza é posible e funciona”, conlúe a alcaldesa de Redondela.

ARTIGOS
Partindo da base da xa obsoleta Ordenanza Municipal de Prevención de Situación de Exclusión Social vixente dende o ano 2012, se elabora un primeiro borrador da Proposta como nova Ordenanza de Emerxencia Social que volve ser modificado en 2016 tal e como o reflexan os informes que constan no expediente 3369/2022.
No Artigo 8, no que se reflexa os requisitos das persoas solicitantes, exímese a obrigatoriedade de estar empadroado cunha antelación mínima de 6 meses a casos excepcionais de extrema urxencia coma vítimas de violencia machista que teñan que mudar o seu domicilio, emigrantes retornados, persoas refuxiadas…).
En canto ao procedemento para a concesión de axudas, no que se refire ao artigo 11 onde se ten en conta a documentación a presentar polas persoas solicitantes, redúcese considerablemente, e facilítase a solicitude ou a consecución de documentos polas vías internas da administración ou grazas á autorización da persoa solicitante para dar acceso aos seus datos de IRPF e Seguridade Social. Chegando a especificarse que se poderá requerir calquera outra documentación se así o estimase oportuno á Traballadora Social de referencia.
Esta nova ordenanza contempla a posibilidade dun Procedemento de urxencia que permite a tramitación con carácter excepcional e cunha resolución inmediata cun prazo máximo para resolver e notificar en 72 horas. Xa nos indicadores de intervención, punto 16, na nova proposta existen criterios obxectivos a avaliar no informe social, con puntuacións que permiten valorar dun xeito totalmente matemático aportando fiabilidade ante unha posible reclamación ou discrepancia.
O Artigo 17 recoñece o destino desta axuda a todas as posibilidades sen chegar a pechalas, incluíndo ás situacións de tránsito nas que as persoas solicitantes se atopen no trámite, por desgraza ás veces demasiado longo, da solicitude dunha prestación económica. Elimínanse límites, como os dous meses como máximo de dúas mensualidades dunha débeda do aluguer, ou os tres recibos do suministro de electriciadade ou gas. Dándolle máis importancia ao obxecto desta Ordenanza que é o de atender ás necesidades reais e de mil causísticas e exemplos sen que sexa posible reflexalos todos, por iso será a traballadora social a que reflexe no seu informe incluso a necesidade de atender o gasto total da necesidade.

Publicacións Relacionadas