HomePontevedraA Favec ofrece máis de 20 cursos e talleres gratuítos de robótica,...

A Favec ofrece máis de 20 cursos e talleres gratuítos de robótica, pintura, informática ou música

- Anuncio -spot_img

A presidenta, María Pérez, subliña o éxito destas actividades entre os veciños: “Están encantados. Haberá máis

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo Eduardo Chao (Favec) ofrece máis dunha vintena de cursos e talleres gratuítos destinados a persoas de todas as idades coa intención de mellorar as competencias dos cidadáns de Vigo e ofrecerlles actividades de calidade que favorezan o seu benestar. Abórdanse temáticas diversas, como novas tecnoloxías, disciplinas artísticas ou envellecemento activo.

A Federación pon ao dispor dos cidadáns cursos e talleres de xadrez, memoria, pilates, ioga, coral, pandeireta, manexo de teléfonos móbiles, informática, manualidades, arte floral, debuxo artístico, pintura, robótica, cociña ou hiphop. A entidade amplía información sobre este abanico de actividades gratuítas no 619 75 83 43 e o 625 51 80 70.

“Haberá máis opcións. A xente está encantada: os cursos e talleres permítenlle saír de casa e coñecer xente coas súas mesmos gustos e inquietudes. Ademais, tamén damos a oportunidade de formarse aos monitores”, destaca a presidenta da Favec, María Pérez, que pon en valor o éxito entre os cidadáns deste tipo de actividades, impartidas nos locais das asociacións de veciños.

Publicacións Relacionadas