Home Pontevedra Deza A feira Abanca Semana Verde sorprenderá ao público cun gran espectáculo de...

A feira Abanca Semana Verde sorprenderá ao público cun gran espectáculo de trial

- Anuncio -

• OS PILOTOS JORDI PASCUET E MARCEL JUSTRIBÓ, CON TÍTULOS TANTO NACIONAIS COMO INTERNACIONAIS E VARIOS RÉCORDS GUINNESS, REALIZARÁN MULTITUDE DE DIVERTIDAS E ARRISCADAS ACROBACIAS

• O PROGRAMA INCLUIRÁ UN TOTAL DE CATRO PASES DURANTE A FIN DE SEMANA DO CERTAME, OS DÍAS 4 E 5 DE XUÑO

A 44ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia, a cal terá lugar do 2 ao 5 de xuño, volverá sorprender aos visitantes cun atractivo espectáculo de motor.

Nesta ocasión o programa incluirá un show de trial a cargo dos pilotos Jordi Pascuet e Marcel Justribó, quen manexará senllas motos da marca francesa Sherco.

Este espectáculo para todos os públicos incluirá multitude de divertidas e arriscadas acrobacias, como cabaliños, invertidos, subida de escaleiras e ramplas ou superación de distintos obstáculos.

O show estará acompañado de música e dun speaker que explicará en todo momento as acrobacias que se realizarán durante as actuacións. Incluirá ademais números nos que os pilotos pedirán a participación do público presente.

Realizaranse catro pases desta actividade, os cales terán lugar o sábado 4 e o domingo 5 de xuño ás 13.00h e ás 18.00h nunha das zonas exteriores do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

Experiencia e récords Guinness

Os dous pilotos que protagonizarán este espectáculo contan con máis de 15 anos de experiencia neste tipo de exhibicións e teñen levado a cabo preto de 500 exhibicións.

Jordi Pascuet e Marcel Justribó suman varios títulos nacionais e internacionais. Posúen ademais varios récords Guinness, como o de salto de altura en moto de trial con 4,50 m en 2002 por parte de Pascuet e tamén subida de parede vertical en moto de trial con 3,21 m en 2009, compartido por ambos pilotos.

Con todo isto, a espectacularidade do show que realizarán na 44ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia está asegurada.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas