Home Pontevedra Deza A feira acuícola AquaFuture Spain segue ampliando o seu programa de actividades...

A feira acuícola AquaFuture Spain segue ampliando o seu programa de actividades para converterse nun relevante foro de coñecemento

- Anuncio -

• AS SÚAS PROPOSTAS INCLÚEN XA PRETO DUNHA VINTENA DE CONFERENCIAS, MESAS REDONDAS E PRESENTACIÓNS, AS CALES SE INCREMENTARÁN NOS VINDEIROS MESES

• O CERTAME, QUE SERÁ O PRIMEIRO DESTE SECTOR QUE SE LEVA A CABO EN ESPAÑA DENDE O ANO 2010 E ESTÁ CAMIÑO DE CONVERTERSE NUN REFERENTE INTERNACIONAL, TERÁ LUGAR DO 23 AO 25 DE MARZO DE 2022

• DESENVOLVERASE NO RECINTO FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A feira internacional de acuicultura AquaFuture Spain´22, a cal terá lugar do 23 ao 25 de marzo do próximo ano no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra), segue ampliando o seu programa de actividades para converterse nun importante foro de coñecemento.

Así, se o pasado mes de agosto, a oito meses para a súa celebración, anunciaba que contaba con máis do 80% do seu espazo reservado, o seu programa de actividades está tamén moi avanzado e medra ao nivel da súa exposición.

Esta programación, que se divide en tres espazos, está conformada xa por preto dunha vintena de conferencias, mesas redondas e presentacións de gran interese. En canto á área Conferencias Maxistrais, inclúe o relatorio inaugural do día 23 de marzo, “Presente e futuro da innovación acuícola”, e a de clausura o día 25 dese mes, “Enfrontando os retos do sector desde a cadea de valor en clave de sustentabilidade”.

O segundo destes espazos, Conversemos sobre Acuicultura, será un foro de diálogo e interacción entre os axentes da cadea de valor para abordar de forma conxunta os retos do sector. Está composta por seis mesas redondas que se emitirán en streaming a nivel internacional, as cales abordarán temáticas relacionadas coa sustentabilidade, cooperación, internacionalización, saúde e benestar animal, novos ingredientes, produción e acuicultura 4.0.

O programa completarase co Espazo para Profesionais, no cal se realizarán presentacións por parte de profesionais do sector que desexan visibilizar algún produto ou servizo que sacasen ao mercado ou dar a coñecer algunha investigación nova. Aínda que o programa non está pechado, xa hai moitas empresas que confirmaron a súa participación. Así, o primeiro día de feira realizaranse presentacións de HIPRA, empresa colaboradora de AquaFuture Spain, e tamén de HUMECO & IMV TECHNOLOGIES, contando as desta última cos títulos “Ultrasón como ferramenta para o seguimento reprodutivo en distintas especies”, “Optimizando a calidade do seme de peixes” e “Criopreservación automatizada de seme para acuicultura”

Na segunda xornada do certame están previstas as presentacións “Avances na produción de semente de bivalvos: Proxecto Ecopemer”, da firma ACUINUGA – Acuicultura e Nutrición de Galicia; “Calidade da auga como factor clave na bioseguridade en acuicultura”, de OX-CTA; “Produción, Nutrición e Saúde no cultivo de Seriola dumerili”, de DIBAQ AQUACULTURE; e tamén unha presentación da empresa TECNOVIT FARM Faes. Xa o venres está programada “Enxeñería de fondeo en acuicultura”, de AEX- ROUP

AquaFuture, unha oportunidade

AquaFuture Spain´22 segue tamén traballando na súa área expositiva, a cal supera xa amplamente o centenar de empresas, procedentes de 18 países tanto de Europa como de Asia, Latinoamérica, América do Norte ou Sudáfrica.

Todas elas celebran a posta en marcha desta feira, que será a primeira de acuicultura que se leva a cabo en España desde o ano 2010, destacándoa algunhas delas como “unha gran oportunidade para establecer relacións con outras empresas do sector, dar o noso traballo a coñecer e tamén os nosos produtos”, incidindo en que os “congresos técnicos son a mellor forma de aprender a interrelacionarse no sector” e convencidos de que “vai ser unha plataforma e lugar de encontro para todos os especialistas de acuicultura do mundo”

Sen dúbida, AquaFuture Spain´22, que conta coa empresa Morenot como patrocinador oficial e Hipra, Abanca, Acuiplús e Grupo JJChicolino como colaboradores, será un punto de referencia para que os profesionais do sector acuícola internacional coñezan as últimas innovacións tecnolóxicas e estratexias do mercado, sempre baixo o enfoque da xestión sostible dos recursos.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas