Ao longo desta xornada a carpa instalada na Alameda de Talo Río acolle a 3ª edición da Feira de Ciencia. Unha cita que achega proxectos, visitas guiadas, obradoiros e o espectáculo ENERXÍA que terá lugar esta tarde ás 18:30 h.
Divulgaciencia é o Concello de Soutomaior continúa coas actividades que este ano conforman a 3º Edición deste programa co que se pretende achegar a ciencia á cidadanía xeral e á comunidade escolar. Unha cita organizada polo concello de Soutomaior e que conta coa colaboración do FECYT.
Hoxe está tendo lugar na Alameda de Talo Río unha das citas máis agardadas e central deste programa, a Feira de Ciencia. Unha feira que visitou nesta xornada o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e que conta coa exposición de proxectos do IES Soutomaior, do IES Luís Seoane, do IES Illa de San Simón e do Colexio Santiago Apóstol e este ano, como novidade a Feira de Ciencia tamén se abriu a proxectos para o alumnado de 5º e 6º de primaria e contou coa participación do CEIP de Ponte Sampaio e tamén alumnado destes cursos do Colexio Santiago Apóstol.
Ao longo desta xornada as pequenas e pequenos investigadores puideron expoñer os seus proxectos tales como: o ecosistema monetario dos microorganismos, a importancia de vixiar a calidade do chan, eu reciclo e ti reciclas, pasta de dentes de elefante, as esferas indicadoras ou a serpe química entre outros moitos.
Pero ademais de expoñer os centros que o desexaron tamén puideron desfrutar de visitas guiadas pola Feira e completar a súa ficha de observación, así deste xeito ir formulando preguntas ás mozas e mozos que expuxeron os proxectos co fin de ter máis coñecementos sobre a ciencia e estes proxectos.
Xa pola tarde, ás 16:30 h., esta feira acollerá un obradoiro para nenas e nenos a partir dos 6 anos que leva como título ‘Xogando coa ciencia’ e outro ás 17:30 h. destinado a nenas e nenos a partir dos 7 anos que leva como nome ‘Arte e ciencia’.
O xurado deliberará esta tarde as e os premiados dos proxectos que participan nesta edición, así, e deste xeito, entregaranse 2 premios de Rigor Científico, 2 premios Innova, 2 premio Comunica, 2 premios Divulga, 2 premios de Revelación de Primaria 2 outros 2 premios de Revelación de Secundaria e 2 premios de Revelación de Bacharelato.
Trala entrega de premios chegará a quenda do espectáculo científico ENERXÍA, unha cita, de balde, destinada á todos os públicos e que terá lugar ás 18:30 h. na carpa da Feira de ciencia.
DIVULGACIENCIA
No mes de febreiro iniciouse o programa coa xornada xuvenilna que o alumnado do IES Soutomaior e do Santiago Apostol tiveron ocasión de falar da etapa da adolescencia desde unha perspectiva científica para poder comprender mellor os cambios que se viven nesta etapa; tamén participaron nos roteiros científicosque se desenvolveron en abril en dúas sesións cada un dirixidas a alumnado do CEIP Manuel Padín Truiteiro (90 persoas), IES Soutomaior (107 persoas) e Santiago Apóstol ( 100 persoas) durante as cales o alumnado experimentou e aprendeu coa axuda dos avances científicos sobre o mundo mariño (as correntes, a vida entre as augas, os métodos de produción, as aves e as ostras), unha actividade que contribuír a que o alumnado coñeza e valore os recursos do seu territorio.
O programa continuou nestes meses nos centros escolares nos que o alumnado participou en obradoiros STEAM nos que traballaron aplicando o método científico sobre moitos termos, por exemplo, obradoiros como: Comes con Ciencia, Intelixencia Artificial, Arte UV, arte polímeros e NFC, Deseño de Apps, Reto Aterraxe con telemetría, entre outros.

