O vindeiro mércores 17 de abril e ata o luns 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición para expoñer proxectos na FEIRA DE CIENCIA que de levará a cabo o luns 13 de maio en Talo Río. Este ano conta coa novidade de que poderán expoñer proxectos nela o alumnado de 5º e 6º de primaria.
Divulgaciencia é o Concello de Soutomaior continúa coas actividades que este ano conforman a 3º Edición do programa Divulgaciencia co que se pretende achegar á ciencia á cidadanía xeral e á comunidade escolar. Unha cita organizada polo concello de Soutomaior e que conta coa colaboración do FECYT. No mes de febreiro iniciouse o programa coa xornada xuvenil na que o alumnado do IES Soutomaior e do Santiago Apostol tiveron ocasión de falar da etapa da adolescencia desde unha perspectiva científica para poder comprender mellor os cambios que se viven nesta etapa; tamén participaron nos roteiros científicos que se desenvolveron en abril en dúas sesións cada un dirixidas a alumnado do CEIP Manuel Padín Truiteiro (90 persoas), IES Soutomaior (107 persoas) e Santiago Apóstol ( 100 persoas) durante as cales o alumnado experimentou e aprendeu coa axuda dos avances científicos sobre o mundo mariño (as correntes, a vida entre as augas, os métodos de produción, as aves e as ostras), unha actividade que contribuír a que o alumnado coñeza e valore os recursos do seu territorio.
O programa continúa nestes meses nos centros escolares nos que o alumnado vai a participar en obradoiros STEAM nos que traballará aplicando o método científico sobre moitos termos, por exemplo, obradoiros como: Comes con Ciencia, Intelixencia Artificial, Arte UV, arte polímeros e NFC, Deseño de Apps, Reto Aterraxe con telemetría, entre outros.
FEIRA DE CIENCIA
E, por último, dende o Goberno Local avanzan que desde o vindeiro mércores 17 de abril e ata o luns 6 de maio estará aberto o prazo de inscrición para expoñer proxectos na FEIRA DE CIENCIA que de levará a cabo o luns 13 de maio en Talo Río (Arcade) durante todo o día. Esta 3ª Edición da Feira de Ciencia de Soutomaior é a actividade principal do programa Divulgaciencia e este ano conta coa novidade de que poderán expoñer proxectos nela o alumnado de 5º e 6º de primaria, ademais do alumnado de secundaria e bacharelato. A participación na Feira está abertas a todos os centros educativos, tendo preferencia os de Soutomaior. As inscricións dos proxectos realízanse en liña a través da web www. soutomaior.gal e é de balde.
As modalidade de “Investigación científica en Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato” nas que se pode participar pretenden fomentar as vocacións científicas e o espírito emprendedor mediante unha metodoloxía que reforza a autonomía e o traballo en equipo do alumnado que participa na feira para colaborar e compartir con outras persoas ideas e valores que constrúen un mundo mellor desde a sensibilidade, o respecto a tolerancia e a ciencia.
Na Feira ademais de participar o alumnado expoñendo os seus proxectos tamén haberá moitas actividades complementarias para fomentar a divulgación cidadá e poderán participar nas visitas,nos obradoiros e no espectáculo científico persoas de todas as idades.