HomePontevedraA Feira de Ciencia de Soutomaior deixa patente o talento innovador e...

A Feira de Ciencia de Soutomaior deixa patente o talento innovador e científico da mocidade  

- Anuncio -spot_img

Ao longo do mércores 11 de xuño, a Alameda de Talo Río, acolleu, durante todo o día unha nova edición da Feira de Ciencia de Soutomaior. Unha cita na que participaron 6 centros educativos do concello e contorna e que contou con 20 proxectos expostos e máis de 200 persoas inscritas nas súas visitas guiadas.

O programa de Divulgaciencia e o Concello de Soutomaior  continúa coas actividades  que este ano conforman a 4º Edición desta iniciativa coa que se pretende achegar a ciencia  á cidadanía xeral e á comunidade escolar.

Ao longo de todo o 11 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00h e de 16:00h a 20:00h., se celebrou na Alameda de Talo Río unha das citas máis agardadas e central do programa de Divulgaciencia, a Feira de Ciencia. Unha feira que contou con proxectos do CEIP Manuel Padín Truiteiro, do CEIP de Ponte Sampaio, do Colexio Santiago Apóstol, do IES Soutomaior, do IES Mendiño e do IES Illa de San Simón. En total foron 98 alumnas e alumnos, 6 centros escolares, 11 mestras e mestres e 20 proxectos expostos os que formaron parte desta cuarta edición. Ao que hai que sumarlle os máis de 200 alumnos e alumnas inscritos nas visitas guiadas e todas as visitas por libre que estas e estes “científicos por un día” recibiron ao longo de toda a xornada.

Ao longo desta xornada as pequenas e pequenos investigadores puideron expoñer os seus proxectos tales como: a fase lunar e o crecemento do cabelo, os biofertilizantes e as sementes flotantes, Garrafa solar antiapagón ou Do refugallo á semente.

Pero ademais de expoñer os centros que o desexaron tamén puideron desfrutar de visitas guiadas pola Feira e completar a súa ficha de observación, así deste xeito ir formulando preguntas ás mozas e mozos que expuxeron os proxectos co fin de ter máis coñecementos sobre a ciencia e estes proxectos. Unha feira que recibiu á visita guiada de máis de 200 alumnas e alumnos de diferentes centros educativos.

Xa pola tarde, acolleu o divertido obradoiro “Explorando a electricidade” e o participativo e interesante espectáculo “Desafío científico”. Tras estas citas chegou un dos momentos máis agardados, trala deliberación do xurado, complexa debido ao alto nivel desta cuarta edición, Manu Lourenzo, alcalde de Soutomaior, foi o encargado de entregar os premios deste ano que foron:

Premio revelación de primaria a foi para o alumnado do CEIP de Ponte Sampaio polo seu traballo “Fase Lunar e o crecemento do cabelo” e para o CEIP Manuel Padín Truiteiro por “Sementes Flotantes”

Premio revelación de secundaria a “Organicream” do Colexio Santiago Apóstol e a “Do refugallo á semante” do IES Illa de San Simón.

Premio revelación de bacharelato “Galicia de adificación oceánica” do IES Mendiño e a “Descubrindo a linguaxe do PH” do IES Soutomaior.

Premio divulga a “Garrafa solar antiapagón”  do IES Soutomaior a “Sementes flotantes” do CEIP Manuel Padín Truiteiro.

Premio comunica para “Plantas eléctricas” e “Aparellos no tempo”, ambos do Colexio Santiago Apóstol.

Premio innova a “Garrafa Solar antiapagón” do IES Soutomaior e a “Redes Neuronais” do IES Illa de San Simón.

Premio rigor científico foi para “Galicia e a acidificación”do IES Mendiño e para “Do refugallo á semente” do IES Illa de San Simón.

Os premios consistiron en dotacións económicas para os centros educativos e  outros contaron coa reserva de acceso á Feira de Ciencia de Cambre (incluíndo manutención e aloxamento do alumnado e profesorado).

Dende o concello Manu Lourenzo quixo agradecer a alta participación desta cuarta edición e tamén o excelente traballo realizado polo profesorado e as e os alumnos que deixaron patente “a canteira de científicas e científicos que temos no concello”.

Publicacións Relacionadas