Home Pontevedra A Feira de Oportunidades: unha iniciativaq para reimpulsar ao pequeno comercio que...

A Feira de Oportunidades: unha iniciativaq para reimpulsar ao pequeno comercio que recuepra o seu formato máis tradicional na Alameda de Redondela pero cunha imaxe totalmente renovada

- Anuncio -

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE REDONDELA RECUPERA A VERSIÓN MÁIS OFFLINE DAS SÚAS ACTUACIÓNS DE DINAMIZACIÓN PARA REIMPULSAR O COMERCIO LOCAL COA TRADICIONAL FEIRA DE OPORTUNIDADES.

Reinventar este formato tradicional despois de dous anos de pandemia e recuperar o escenario da Alameda de Redondela resulta todo un reto organizativo para acoller a todo o comercio da vila. O recinto feiral permitirá acoller a 30 establecementos expositores que se darán cita o sábado 1 e domingo 2 de outubro.

Moda, calzado e complementos supoñen o 70% da oferta nesta feira na que tamén poderemos atopar alimentación, vehículos, agro, xardín, decoración e beleza de benestar.

A recuperación de actividades e zonas de ocio infantil será outro dos atractivos deste evento que combinará compras, diversión e premios en Redondela.

Os premios: A gran sorpresa está reservada á xornada dominical na que se sortearán 1.000€, en tarxeta de compra de 30€ e 50€ da man da Campaña COMPRAR NO TEU COMERCIO TEN PREMIOS que se realiza en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Durante a mañá do domingo instalarase unha carpa na que a clientela poderá trocar todos os tickets de compras superiores a 10€ realizadas durante a semana do 26 de setembro ao 1 de outubro por participacións para o sorteo que terá lugar esa mesma mañá sobre as 13:30h.

O Concello de Redondela colabora neste evento cun importante despregamento de medios humanos para dotar ao recinto de servizos como iluminación, limpeza, coordinación do tráfico e as actuación musicais que terán lugar no espazo feiral.

Ademais, o Concello de Redondela, para mellorar e facilitar a accesibilidade a Redondela está a procurar habilitar zonas de aparcamento especial na zona de Vilavella que potenciarán o paseo por toda a vila ata o recito feiral e o canxe de tickets de compra por horas de parking gratuíto. O canxe dos tickets de compra por parking poderá realizarse no stand informativo do recinto feiral. Esta promoción permitirá á clientela aparcar gratis mentres realiza as súas compras na feira e estará activa ata esgotar as existencias da promoción especial que se realizará con motivo da celebración da Feira de Oportunidades.

Relacionadas

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O concello de Nigrán busca un novo leira-parking no centro urbano para gañar maís...

0
Convoca un novo concurso público de aluguer de fincas no que se establece un máximo de 13.068 €/ano para 3.000 m² de terreo. Este...

Doña Emilia e Señora Carme, dúas mulleres de conto

0
Un espectáculo de Narración Oral recupera o legado de Emilia Pardo Bazán na Guarda Este sábado 27 de abril ás 20,30h. realizarase no Centro Cultural...

0
Formación sobre a enfermidade de Alzheimer mañá co programa Covelo Cóidate Mañá xoves de 16:30 a 19:00 horas no auditorio municipal impartirase esta formación froito...

Publicacións Relacionadas