test
Home Pontevedra Deza A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de...

A feira Galiforest Abanca 2024 intensifica hoxe as demostracións en vivo de maquinaria, sistemas e procesos forestais

- Anuncio -

• NUMEROSOS EXPOSITORES MOSTRAN OS SEUS PRODUTOS EN FUNCIONAMIENTO NAS SÚAS PARCELAS OU NUNHA ZONA HABILITADA PARA ISO, CO OBXECTIVO DE QUE OS VISITANTES PODAN COMPROBAR AS SÚAS PRESTACIÓNS

• ESTE CERTAME CELÉBRASE DESDE ONTE E ATA MAÑÁ NUN LUGAR REAL DE TRABALLO QUE PERMITE REALIZAR ESTAS EXHIBICIÓNS, O MONTE DO CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN, A CORUÑA)

A sétima edición do monográfico forestal Galiforest Abanca, a cal se celebra desde onte e ata mañá no monte e instalacións do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón, A Coruña), acolle numerosas exhibicións de maquinaria e sistemas que se repiten en distintas ocasións durante o certame, sumando en total preto de duascentas. Unha cifra que supera as 180 que se levaron a cabo na pasada edición, celebrada en 2022.

Estas demostracións intensifícanse hoxe no certame, tendo lugar nunha zona do monte habilitada para iso ou ben nas propias parcelas das empresas expositoras. Así, os visitantes están a ver na xornada de hoxe exhibicións de, entre outras, procesadoras forestais e de leña, astilladoras de troncos, serradoiros portátiles, trituradoras, biotrituradoras de restos vexetais e de poda, raxadoras, manipuladoras, motoserras, sistemas automáticos de bloqueo e liberación de estacas, tensores automáticos, robots desbrozadores e robots segadores, simuladores de maquinaria forestal, básculas para guindastres forestais e solucións innovadoras para plantación mecanizada, loita contra incendios, maquinaria especializada e análise de datos a través de conexión remota.

Así mesmo, lévanse a cabo nesta xornada demostracións de traballos en altura, tableado de tronco de serradoiro, limpeza e reciclaxe de cadros, experimentación con cepas de alnus glutinosa resistentes a phytophthora alni no río, cultivo de shitake, pleurotus ostreatus e ganoderma lucidum en ecolóxico, fabricación de alimento sólido para abellas ou ferramentas para descorche de sobreira.

A realización destas demostracións de maquinaria, sistemas e procesos forestais nun lugar real de traballo é un dos principais atractivos que ofrece o monográfico, tanto para os expositores, que poden mostrar o funcionamento das súas máquinas e sistemas, como para os visitantes profesionais, os cales teñen a posibilidade de comprobar in situ as vantaxes e posibilidades que estas lles ofrecen para o desempeño da súa actividade. Ademais, constitúe a razón de que o evento se celebre fóra das instalacións da Feira Internacional de Galicia ABANCA, organizadora do certame coa o apoio da Xunta de Galicia.

Exhibicións máis lúdicas

Por outra banda, o programa de Galiforest Abanca 2024 acolle outras exhibicións máis lúdicas, as cales tamén están a ter lugar hoxe, como figurismo (tallado e realización de esculturas en madeira con motoserra) ou espectáculos de trepa.

Relacionadas

A Deputación dá comezo a catro novos obradoiros do programa “Provincia activa”, co que...

0
Na vindeira semana iniciarán os talleres máis de 40 persoas maiores de catro asociacións de Cambados, Mos e Ponteareas A Deputación de Pontevedra continúa desenvolvendo...

Ponteareas celebrou a diversidade cunha xornada cargada de actividades e sensibilización

0
Os Xardíns da Xiralda acolleron a lectura do manifesto a cargo da alcaldesaManualidades, xogos, espectáculos, desfile, karaoke e proxeccións O Concello de Ponteareas reivindicou o...

O concello acolle a Festa do Motor na previa da XX Edición do Rally...

0
• O evento servirá para presentar os coches que correrán representando a Ponteareas • Ponteareas conta por vez primeira cunha partida para subvencionar o deporte...

O pleno da Deputación súmase ao Parlamento Galego e ao Congreso dos Deputados para...

0
Nesta sesión ordinaria aprobouse por unanimidade a candidatura para o proxecto turístico transfronteirizo “Visit Rio Minho Plus”, para a consolidación da marca e a...

Mos implica aos colectivos de idades máis curtas e maiores para demostrar que o...

0
O municipio mosense tinguiuse hoxe multicolor coa colaboración das Escolas Infantís e do Centro de Día de Torroso para conmemorar o Día do Orgullo...

Sae a licitación o proxecto da Praza da Aldea

0
O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará con un importe para levar a cabo este proxecto...

Publicacións Relacionadas