Home Pontevedra Deza A feira Salimat Abanca 2022 intensifica a súa promoción participando na cita...

A feira Salimat Abanca 2022 intensifica a súa promoción participando na cita alimentaria Gourmets

- Anuncio -

• ESTÁ PRESENTE BAIXO O PARAUGAS DA XUNTA DE GALICIA, CUN ESPAZO NO STAND QUE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL TEN NESTE CERTAME


• O SALÓN DE ALIMENTACIÓN DO ATLÁNTICO, QUE TENDRÁ LUGAR DO 2 AO 5 DE XUÑO, SEGUE APOSTANDO POLA SÚA PROMOCIÓN NOUTROS EVENTOS

A Feira Internacional de Galicia ABANCA continúa apostando pola presenza noutros eventos para dar a coñecer os seus certames, entre eles o Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca.

Así, esta cita está a darse a coñecer entre os expositores e visitantes do salón Gourmets, o cal celebra a súa 35ª edición desde onte e ata o vindeiro xoves en Madrid.

A feira acode a este evento baixo o paraugas da Xunta de Galicia, dispoñendo dun espazo no stand que a Consellería do Medio Rural ten neste certame e no que participan outras 28 empresas do sector agroalimentario. Unha presenza expositiva á que suman outras 18 entidades da cadea mar-industria no stand do que dispón a Consellería do Mar en Gourmets.

No seu espazo, Salimat Abanca, está a dar a coñecer a súa 25ª edición, a cal volverá converterse en punto de encontro do sector alimentario e gastronómico a través dunha atractiva exposición e unha ampla programación na que destacarán os Encontros Internacionais de Compradores, ademais de showcookings, catas, presentacións e o seu espazo de innovación Alinova. Celebrarase do 2 ao 5 de xuño no marco da 44ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

Ademais, en Gourmets está presente un equipo da Feira Internacional de Galicia ABANCA, de novo encabezado polo seu director, Ricardo Durán, o cal non só atende aos visitantes, senón que está a realizar visitas a moitos dos expositores presentes para darlles a coñecer a próxima edición deste salón.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas