HomePontevedraDezaA feira Sedexpo medra e une as propostas de 387 firmas cun...

A feira Sedexpo medra e une as propostas de 387 firmas cun espectacular programa centrado en seguridade, defensa e emerxencias

- Anuncio -spot_img
  • ESTAS MARCAS, UN 71% MÁIS QUE NA ANTERIOR EDICIÓN E PROCEDENTES DE 38 PAÍSES, ESTÁN REPRESENTADAS POR 99 EXPOSITORES DIRECTOS, UN 19,2% MÁIS QUE ENTÓN
  • ENTIDADES E DEPARTAMENTOS DA XUNTA DE GALICIA E A ADMINISTRACIÓN CENTRAL, AS FORZAS E CORPOS DE SEGURIDADE DO ESTADO E DISTINTAS EMPRESAS ORGANIZARÁN CONFERENCIAS, OBRADOIROS, PRESENTACIÓNS, DEMOSTRACIÓNS E ESPECTACULARES SIMULACROS
  • O SALÓN ABRIRÁ AS SÚAS PORTAS MAÑÁ MÉRCORES E EXTENDERASE ATA O VENRES NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA

A III Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias, SEDEXPO 2025, comeza mañá  mércores no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra). E faio medrando respecto a as súas dúas edicións anteriores tanto en expositores como en superficie, ademais de marcar a diferenza polo carácter dinámico da súa exposición e o alto nivel das súas actividades.

En canto á súa área expositiva, contará con 387 firmas de 38 países, un 71% máis que na pasada convocatoria, celebrada en 2023. Estas estarán representadas por 99 expositores presentes directamente na feira, un 19,2% máis que entón, as cales proceden de oito países como son España, Portugal, Alemaña, Francia, Países Baixos, Paquistán, República Checa e México. Estas empresas e entidades ocupan unha superficie neta de 4.016 metros cadrados, un 11% máis que en 2023.

Esta exposición, na que terán maior desenvolvemento os ámbitos de seguridade e emerxencias, mostrará equipamento e sistemas de seguridade pública e privada, material para as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, Protección Civil e Emerxencias; equipos de protección individual, tecnoloxía aplicada, ferramentas de ciberseguridade, análise e intelixencia; solucións de prevención de riscos laborais, equipos de emerxencias, dispositivos de detección e extinción de incendios, robótica, aeronáutica, simulación e servizos de enxeñería, entre outros.

Esta edición conta de novo coa o apoio dunha vintena de colectivos, entidades e departamentos da Xunta de Galicia e da Administración Central.

Sorprendentes simulacros e demostracións

En canto ao programa de actividades de Sedexpo 2025, destacará tanto pola categoría das súas xornadas como polas súas magníficas demostracións e simulacros. Estes últimos permitirán comprobar in situ as funcionalidades de produtos e sistemas que noutras feiras soamente poden verse de forma estática, mentres que os simulacros mostrarán as capacidades e labor de distintas entidades de emerxencias e de Corpos e Forzas de Seguridade do Estado.

En canto a demostracións haberá algunhas centradas en simuladores, entre eles de emerxencias e evacuación para traballar a prevención activa do persoal aerotransportado ou de prácticas extremas de alto estrés en tiro que permite que as forzas da orde e de seguridade se adestren en escenarios dinámicos baseados en IA. Ademais, haberá exhibicións de sistemas de ciberseguridade, drons, maquinaria ou compostos de fibra que absorben derrames de hidrocarburos en auga e en terra.

Respecto aos simulacros, serán espectaculares, como o rescate que realizará Gardacostas de Galicia e a Unidade de Policía Adscrita de Galicia (UPA Galicia) no lago do recinto, e o protagonizado pola Garda Civil, consistente na resposta coordinada de varias unidades a unha ameaza terrorista Tamén o será respecto a incendios forestais a da Unidade Batracio Ancares, composta por tractor, cisterna trituradora multifunción e polidozer, e que realizará, unha “Manobra de protección de infraestruturas (Defensa Interface), no marco do work-shop Fire Res. Aínda se sumarán outras como a exhibición da Unidade Canina da Policía Local de Sabadell ou o simulacro multidisciplinar xestionado en Posto de Mando Avanzado (PMA) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mediante método GOM (Xestión Operativo de Mando) e presentación do sistema de dron cativo e comunicación multiplataforma desde PMA, organizado pola Xunta de Galicia.

Ademais, levaranse a cabo obradoiros, como o de soporte vital básico e desfibrilación automática, organizado por Fundación pública Urxencias Sanitarias de Galicia – 061

Más de 50 conferencias de gran nivel

En canto ás xornadas, outro dos sinais de identidade da feira, serán máis de trinta e incluirán máis de 50 conferencias impartidas por un centenar de expertos.

Están programadas xornadas de seguridade sobre temas como a rede de laboratorios e centros demostradores para a investigación e innovación en solucións de ciberseguridade en Galicia, desminado humanitario no Sáhara, necesidades e problemas no desenvolvemento dos servizos de seguridade, futuro da seguridade privada, ciberseguridade ou coordinación e dirección de operacións de loita contra o narcotráfico en espazos marítimos. En emerxencias analizaranse aspectos como a resposta ante a contaminación mariña accidental en Galicia: o plan Camgal e o servizo público de Gardacostas de Galicia, plans de emerxencias dos encoros, comunicacións en situacións de emerxencia e a tecnoloxía E-Alert, presentación do dispositivo enviado por Galicia na Dana de Valencia, que é e que fai unha AVPC (Agrupación de Voluntarios de Protección Civil), a unidade de drons da UME (Unidade Militar de Emerxencias) ou o work-shop e simposio Fire Res, centrados en “Interface Rural” e “Incendios forestais extremos”.

Así mesmo, o sector aeroespacial e de drons terá gran protagonismo expoñendo aspectos como o cerebro detrás dos drons: control e análise en tempo real, presente e futuro dos drons, o despegamento da Galicia aeroespacial, BFAero: impulsando o futuro da industria aeroespacial, o dron como resposta á ameaza terrorista ou drons e escoltas: o futuro da protección persoal e a seguridade.

Publicacións Relacionadas